Solucións ás situacións que poden xurdir no uso da aplicación abalarPro.
Requisitos do dispositivo
Para utilizar abalarPro é preciso:
- Un dispositivo Android 4.4 ou superior, ou iOS 12.4 ou superior.
- Conexión a internet.
- Usuario e contrasinal de acceso.
Credenciais de acceso
O acceso faise coas credenciais corporativas (usuario e contrasinal corporativos) e é preciso aceptar as políticas de privacidade.
A aplicación pide o PIN cada vez que se abre
É o funcionamento normal: o PIN solicítase sempre que se abre a aplicación ou se recupera desde segundo plano.
Para non ter que escribilo, en Configuración pódese activar a autenticación por pegada dixital ou recoñecemento facial, se o dispositivo dispón desta opción.
Cambio do PIN
En Configuración, introducir primeiro o PIN actual e despois o novo.
Módulo desactivado na pantalla de perfil
Pódese activar directamente premendo sobre el na pantalla de perfil, ou desde Axustes › Módulos.
O módulo de Mensaxería está sempre activado e non se pode desactivar.
Notificacións dos módulos
En Axustes › Módulos pódese activar cada módulo e elixir a vía de recepción das notificacións (alertas push no móbil).
Respostas ás mensaxes de difusión
- Mensaxe de difusión: as respostas das familias só as recibe o docente; pero se o docente responde, esa resposta recíbena todas as persoas responsables.
- Sala: todas as respostas son visibles para todos os participantes.
Mensaxes sen resposta das familias
Ao crear a mensaxe pódese indicar se admite ou non resposta. Tamén se pode cambiar despois na configuración do chat.
Límite de caracteres nas mensaxes
As mensaxes teñen un máximo de 1.000 caracteres. Un contador xunto á zona de escritura indica os que quedan.
Opción de apercibimento non dispoñible
Só aparece nas mensaxes privadas a grupos de formación profesional ou de persoas adultas.
Anulación dunha titoría
- Para anular é obrigatorio escribir o motivo no campo «Motivo de aceptación/anulación».
- Para confirmar, o motivo é opcional.
Aviso para poñer as faltas da sesión
Só aparece ao abrir a aplicación dentro do horario dunha sesión de clase.
Fóra dese horario, as faltas póñense desde o menú, escollendo o día no calendario.
Xustificación de varias faltas á vez
- Manter premida calquera falta da listaxe.
- Marcar as faltas que se queren xustificar.
- Premer en «Xustificar».