Proxectos

Almacenamento de ficheiros.

boxAbalar

BoxAbalar é unha ferramenta baseada no proxecto de software libre NextCloud que permite ás persoas usuarias ter un control en calquera momento sobre os seus ficheiros, xa sexa desde o posto de traballo ou ben desde os dispositivos de mobilidade (portátil, smartphone, tablet...).

Co uso desta aplicación as persoas usuarias poderán acceder aos seus ficheiros desde calquera lugar a través dunha interface web. Tamén ofrece a posibilidade de compartir ficheiros ou cartafoles directamente con outras persoas con conta ou a través da creación de ligazóns públicas que se poden protexer con contrasinal.

Acceder a BoxAbalar (boxabalar.edu.xunta.gal)

Non sabes cal é a asesoría do teu centro?

Consulta o mapa interactivo: elixe a zona ou preme no teu concello e verás todos os centros educativos que atende cada asesoría.

Abrir o mapa de zonas