OS LUNS CONTAMOS, e como estamos en tempos de Samaín imos voar con COMO MOLA TU ESCOBA!🧙♀️🧹🐈🎀 de Julia Donalson. E, como adoitamos facer, tamén en inglés… e co Kamishibai!!
Despois a profe Amalia quixo contarnos algúns contos de Tim Bowley que adaptou ao Samaín e que fixo pasar un tempiño ben entretido.
😸🌞Contamos "O gato Sol" para presentar o Kamishibai, técnica que nos encanta tanto para facer contadas como para que o alumnado nos conte e tamén nos cree as súas propias historias.