Horario

HORARIO DO PROFESORADO:

O horario das mestras da Aula Hospitalaria e do profesorado de AED que presta apoio á AH é de 9.00 ás 14.00h. en días lectivos (segundo calendario escolar da Consellería de Educación).

Quedamos algunha/s tarde/s para reunións, claustros, actividades complementarias e/ou outras tarefas. 

Adicamos os tempos non lectivos (9.00 a 10.15 e de 13.00 a 14.00) a tarefas burocráticas, contactar cos centros escolares, reunións cos equipos médicos e supervisora de pediatría, préstamos de biblioteca. Ás 9.30 acudimos ás habitacións coa ronda dos "Bos días" co fin de dar a coñecar a Escola Hospitalaria, contactar coas familias e motivar ao alumnado a que asista á aula se o seu estado de saúde llo permite.

HORARIO PARA O ALUMNADO:

10.15 - 11.30 Para traballo escolar do alumnado que teña tarefas ou actividades propostas polos seus correspondentes centros escolares. Cómpre que cada alumna e alumno traia os seus libros ou referencia na AV.

11.30 - 13.00 Tempo para actividades de dinamización da biblioteca, lúdicas, de ocio, de relación entre a rapazada hospitalizada con traballos en equipo, dinámicas de grupo, manualidades, xogos de mesa, xogo libre…

HORARIO DE TARDE para o alumnado.

Na propia escola desenvólvense pola tarde actividades extraescolares levada por fundacións, ONGs, Asociacións que voluntariamente traballan en prol da rapazada hospitalizada.

Os horarios varían dependendo do día (ver apartado Familias)

A nosa escola