Protocolos

Por ah.alvarocunqueiro, 12 Novembro, 2023

En Galicia, despois de diversas modificacións da lei e desenvolvemento de decretos relacionados coa atención á diversidade, as aulas hospitalarias guíanse pola “Orde do 8 de setembro de 2021 pola que se desenvolve o Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia nos que se imparten os ensinos establecidos na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación” no artigo: 

62.2. Atención educativa domiciliaria (en adelante AED) De conformidade co artigo 25.4 do Decreto 229/2011, do 7 de decembro, será destinatario de atención educativa domiciliaria o alumnado escolarizado en centros sostidos con fondos públicos que deba permanecer convalecente no domicilio por un período de tempo superior a un mes. Igualmente, será obxecto desta atención o alumnado que padeza algunha doenza crónica que sexa a causa de faltas de asistencia ao centro de seis ou máis días continuados ao mes dentro dun período mínimo de seis meses. 

62.3. Atención educativa hospitalaria (en adelante AH) De conformidade co artigo 25.2 do Decreto 229/2011, do 7 de decembro, será destinatario de atención educativa hospitalaria o alumnado que deba permanecer ingresado nun centro hospitalario, a tempo completo ou en hospitalización de día, nalgunha das seguintes situacións: a) Longa hospitalización: máis de trinta días. b) Media hospitalización: entre quince e trinta días. c) Curta hospitalización: menos de quince días.

Dentro da Estratexia Galega de Convivencia Escolar EDUCONVIVES 25 a Consellería de CEOU proporciona un Protocolo de prevención detección e atención educativa domiciliaria no ámbito educativo no que se determinan os procesos de solicitude, tramitación, elaboración, coordinación e seguimento do programa individualizado, e a participación e apoio das familias; así como modelos dos principais documentos necesarios. Previamente, no 2009, publicouse unha guía de orientacións e respostas educativas baixo o título "A atención educativa hospitalaria e domiciliaria en Galicia".

Igualmente, basamos a nosa praxis educativa na normativa actual (Lei, decretos e ordes) así como nos distindos protocolos da Consellería:

protocolos xunta de amapeot

Comentarios