Información

HORARIO DO PROFESORADO:

O horario das mestras da Aula Hospitalaria e do profesorado de AED que presta apoio á AH é de 9.00 ás 14.00h. en días lectivos (segundo calendario escolar da Consellería de Educación).

Quedamos algunha/s tarde/s para reunións, claustros, actividades complementarias e/ou outras tarefas. 

Onde estamos:

AULA HOSPITALARIA  do Hospital ÁLVARO CUNQUEIRO

Planta 3ª, Corredor de Pediatría entre as velas E e F

Estrada Clara Campoamo, nª 341, 36213 Vigo - Pontevedra

Esta páxina nace coa intención de visibilizar a nosa escola e dentro dela a Aula Hospitalaria (AH) e a Atención Educativa Domiciliaria (AD) onde esa parte do  alumnado que non pode asistir aos seus centros ordinarios por razóns de saúde atopa un espazo educativo alternativo.

Caracterizámonos por ser un aula cun plus de diversidade, desas diferenzas que tanto nos enriquecen e suman...