Esta páxina nace coa intención de visibilizar a nosa escola e dentro dela a Aula Hospitalaria (AH) e a Atención Educativa Domiciliaria (AD) onde esa parte do alumnado que non pode asistir aos seus centros ordinarios por razóns de saúde atopa un espazo educativo alternativo.
Caracterizámonos por ser un aula cun plus de diversidade, desas diferenzas que tanto nos enriquecen e suman...
Falamos de educación personalizada con maiúsculas, xa que a maiores da actividade propiamente educativa e curricular adecuada a cada alumna e alumno, cómpre engadir tamén unha intervención lúdica, socializadora e case terapeútica.
Dámosvos a benvida!