Oferta Educativa

De conformidade co artigo 25.2 do Decreto 229/2011, do 7 de decembro, e do art. 2 e art. 62 da Orde do 8 de setembro do 2021 que o desenvolve, será destinatario de atención educativa hospitalaria o alumnado dos centros docentes non universitarios sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de réxime xeral (priorizando a atención ao alumnado das etapas de ensinanza oblrgatoria) que deba permanecer ingresado nun centro hospitalario, a tempo completo ou en hospitalización de día, nalgunha das seguintes situacións: 

- Longa hospitalización: máis de trinta días. 

- Media hospitalización: entre quince e trinta días. 

- Curta hospitalización: menos de quince días. 

O alumnado de longa e media hospitalización será quen reciba atención educativa en coordinación co centro de orixe, mentres que o de curta hospitalización poderá realizar no centro hospitalario actividades educativas de carácter xeral.

A nosa escola