Saltar navegación

Traballando con OpenShot

Imos describir os procesos máis habituais á hora de editar vídeos en OpenShot. Para comezar a traballar, despois de iniciar o programa, teremos que crear un proxecto novo.

Para iso, seleccionamos no menú Ficheiro a opción Novo Proxecto ou ben facemos clic na icona icona_crear_novo_proxecto Novo Proxecto da barra de ferramentas de edición.

Aparecerá unha ventá onde introduciremos os parámetros de configuración do novo proxecto:

Nome do proxecto
Cartafol do proxecto: é o cartafol onde se gardarán todos os ficheiros e o vídeo final.
Duración do proxecto: escribimos os minutos de duración que terá a liña de tempo do noso vídeo.
Perfil do proxecto: se despregamos este menú, aparecen as diferentes opcións de tamaño e calidade que ofrece OpenShot Vídeo Editor para exportar. Xusto debaixo, mostraranse as características da opción escollida.

 

crear_novo_proxecto

O máis importante ao facer un vídeo é a planificación do traballo. É dicir, convén saber que ficheiros imos usar e como os imos montar para obter o noso vídeo final. Isto podémolo reflectir nun guión de traballo.

Unha vez que temos máis ou menos claro o noso proxecto, necesitaremos importar os ficheiros que imos usar. Que podemos importar? imaxes, sons e vídeos. 

Para importar os ficheiros seleccionados, prememos no botón Máis:

importar_ficheiros_1

Buscamos a través do navegador de cartafoles os ficheiros que nos interesan e estes iranse incorporando á biblioteca:

importar_ficheiros_2

Outra opción é arrastrar os clips desde o administrador de ficheiros. 

Liña de tempo

Unha vez que teñamos os nosos ficheiros na biblioteca, teremos que engadilos ás pistas.

Para iso, prememos sobre cada un dos ficheiros e arrastrámolos ata situalos nas pistas. Aquí xa estarán colocados para comezar a edición.

A liña de tempo visualiza o proxecto dunha maneira moi gráfica:

  • Cada pista represéntase cun rectángulo azul ou gris.
  • Cada clip represéntase cun rectángulo amarelo.
  • A liña vermella vertical representa a posición actual de reprodución do proxecto.

Para ir a un determinado punto, simplemente facemos clic nese lugar da liña de tempo.

linha_do_tempo_completa

Na captura, vemos que o noso vídeo constará dunha foto inicial (Pista 2), varios vídeos (Pistas 1 e 2) e unha música de fondo que soará durante todo o vídeo (Pista 3).

Se non apreciamos suficientemente ben a regra que mide a duración de cada clip, podemos aplicarlle o zoom situado enriba da liña de tempo: 

barrazoom

Cómpre ter en conta que OpenShot usa as pistas coma se fosen capas. OpenShot mesturará as capas/pistas, como ocorre nunha aplicación de edición de imaxe. Imos velo con máis detalle:

1. Pista superior: os clips desta pista móstranse por riba de todas as demais. Nesta capa deberían ir os logos e as marcas de auga. Na captura do exemplo aparece un logo nesta capa.

2. Pistas intermedias: podemos usar tantas pistas como precisemos. Usar varias pistas facilita a montaxe; ademais, se queremos empregar efectos de transición entre clips, precisaremos ter, polo menos, dúas pistas. No caso de usar imaxes ou máscaras, debemos lembrar que as pistas superiores superpóñense ás inferiores; podemos ver este efecto na captura de pantalla.

3. Pista inferior: estas pistas están por baixo de todas as demais. Aquí situariamos os clips de fondo; é habitual colocar as pistas que conteñen o son.

 

pistas_funcionando