Entorno de traballo
CONTORNA DE TRABALLO
Ao abrir o OpenShot, atopamos a seguinte interface:
Existen tres zonas básicas para desenvolver o traballo de edición que explicaremos nos próximos apartados:
(1) A biblioteca onde se organiza o proxecto, os efectos e as transicións.
(2) A ventá de previsualización do vídeo.
(3) As pistas onde se editan os vídeos, o son ou as imaxes.
Na parte superior temos:
Menú principal: despregando estes menús, aparecen as opcións para Crear novo proxecto, Desfacer a última acción, Refacer a última acción, Engadir ficheiro, Renderizar vídeo, Importar ficheiros, Crear títulos...
![]()
Barra de ferramentas de edición: a través de iconas, accedemos ás funcións máis utilizadas á hora de traballar. Permítennos abrir un novo proxecto, desfacer e refacer, importar ficheiros ou exportar o vídeo.
BIBLIOTECA
Na Biblioteca (1), ademais da pestana Ficheiros do proxecto, temos a opción Transicións e tamén Efectos.
O espazo Ficheiros do proxecto será onde se sitúan todos os ficheiros que integrarán o noso proxecto final, antes de comezar o proceso de edición.
Para poder editalos, teremos que arrastrar os ficheiros cara á zona das pistas (3).

XANELA DE PREVISUALIZACIÓN
A través da xanela de previsualización, podemos ver como vai quedando a montaxe que estamos a xerar.
Este visor ten unha barra de controis na parte inferior que nos permite avanzar, pausar, ir ao final ou principio do visionado, ir ás marcas que sinalamos na Barra de ferramentas...

BARRA DE FERRAMENTAS NO EDITOR
Este será o noso espazo de traballo, simplemente teremos que arrastrar os vídeos, imaxes ou audios desde a biblioteca ata a zona das pistas e comezar a editar.
As pistas: é a sección onde iremos colocando os fragmentos de vídeo, imaxes ou audio. Nestas pistas ordenaremos os ficheiros que conforman a montaxe.
Na parte superior da liña de tempo aparece unha regra que representa unha escala temporal, moi útil para ver a duración dos clips.

Nesta sección, temos as seguintes ferramentas:

Engadir
: permite engadir pistas para ordenar os clips, xa sexan de audio ou de vídeo; para eliminar unha pista, o único que debes facer é clic dereito sobre esa pista e premer na opción Eliminar.
Frecha
: permite arrastrar e mover os teus clips na liña de tempo.
Cortar
: permite cortar os clips. Dependendo da versión de OpenShot que utilicemos, pode aparecer na interface a icona dunha coitela ou dunhas tesoiras.
Tamaño
: permite agrandar ou diminuír o tamaño dos teus vídeos.
Axuste
: permite que os clips se axusten ao clip máis próximo cando os arrastramos. Por exemplo, se queremos enlazar dous clips sen espazos no medio, podemos usar esta ferramenta.
Marcador
: permite colocar marcadores na liña de tempo para usalos como referencia á hora da edición. Por exemplo, pode ser unha ferramenta importante á hora de cortar un vídeo xa que podemos sinalar con precisión o momento en que imos cortar.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0
