Saltar navegación

Exportación

EXPORTAR VIDEO

Unha vez que rematemos a edición do noso traballo, podemos exportalo ao formato que máis se axuste ás nosas necesidades.

Hai dous modos de exportar un vídeo en OpenShot, Modo simple e Modo avanzado. Imos referirnos só ao modo simple; podes utilizar as opcións avanzadas se coñeces o uso e a configuración do programa de codificación FFmpeg.

Para acceder, imos a Ficheiro > Exportar vídeo. Aparecerá unha ventá coas opcións:

exportar_video

Modo Simple

OpenShot ten moitos formatos predefinidos de exportación que cobren os supostos máis comúns. Para exportar, primeiro deberás seleccionar un tipo de proxecto, como DVD ou Web e logo, en función disto, marcarás Destino, Perfil de vídeo e Calidade. 

En Perfil podes escoller entre Blu-Ray/AVCHD, DVD, Dispositivo, Web, Todos os formatos.

Se seleccionas Todos os formatos, disporás en Destino de todos os formatos comúns. Podes elixir o que desexes.

Se escolles en Perfil a opción Web, poderás escoller entre YouTube, Vimeo, Flickr, Picasa ou Metacafe. Estes son sitios moi comúns para compartir vídeos. Deste xeito, Openshot configurará automaticamente a exportación para que sexa compatible coa web seleccionada.