Montaxe
ORDENAR CLIPS
Unha vez que teñamos os ficheiros ou clips nas pistas, podemos variar a súa colocación, cambialos de pistas, diminuílos, fragmentalos, duplicalos...
- Para movelos, asegurarémonos de que está marcado o modo Selección
.
- Clicamos nun dos fragmentos.
- Arrastramos o clip ata a súa nova posición.
Para unir dous fragmentos, simplemente os colocaremos un a carón do outro. A ferramenta de axuste
permite que un clip se axuste ao clip máis próximo cando o arrastramos:

CORTAR FRAGMENTO
Cando queiramos cortar fragmentos dun clip para ter varios clips diferentes ou simplemente para eliminar algún deles, usaremos a ferramenta representada por unha coitela ou por unha tesoira.
1. Seleccionamos a ferramenta Cortar
nos botóns de edición.
2. Situámonos sobre o inicio do fragmento que queremos cortar e facemos clic.
3. Facemos o mesmo para sinalar o final do fragmento.

Esta acción separará o fragmento do resto do clip. Agora poderemos movelo, cambialo de pista ou superpoñelo.

Mais, se o que queremos é eliminar un fragmento, facemos clic no botón dereito do rato sobre o fragmento que imos borrar e seleccionamos Eliminar o clip.
Se queremos volver a ter o clip completo, só teremos que arrastralo novamente desde a biblioteca de ficheiros ata unha pista.
MODIFICAR O TAMAÑO
Openshot permítenos agrandar ou diminuír o tamaño dos clips na liña de tempo, axustando o comezo e o remate do noso vídeo.
En realidade, ao diminuír ou agrandar non estamos modificando o tamaño do vídeo, senón que sinalamos cal será o comezo e cal será o final sobre o clip que previsualizamos. Así, establecemos que parte do vídeo orixinal será reproducida no vídeo final. Por iso, podemos axustar o comezo e o final do clip sen medo a perder información, xa que é posible recuperar o tamaño inicial alongándoo de novo.
1. Para modificar o tamaño do clip, prememos no símbolo representado por unha dobre frecha.

2. Para facelo, simplemente arrastramos coa frecha o bordo do fragmento ata a posición que queremos:

Se movemos o lado dereito, axustamos o punto final do clip e, se movemos o lado esquerdo, definimos cando inicia a súa reprodución.
ENGADIR OU SUBSTITUIR AUDIO
Cada clip ofrece a posibilidade de apagar o son ou o vídeo de xeito independente. Así, a partir dun só clip de vídeo, podemos obter o seu clip de son ou o seu clip de vídeo, sen o son.
Cuando inserimos un fragmento de vídeo, podemos enmudecer o seu audio para que se escoite o son doutra pista ou para que o vídeo non teña son.
Por outra parte, tamén podemos ocultar o vídeo dun fragmento e utilizar só o son.
1. Para apagar o audio dun clip, só temos que premer na icona do altofalante situada no propio clip. O símbolo de prohibido indica que non se vai escoitar.

2. Se o que queremos é silenciar unha pista enteira, teremos que facer clic no altofalante situado ao comezo da pista.

3. Para substituír o audio, enmudecemos o audio do clip ou da pista completa e engadimos o novo audio noutra pista de xeito que coincidan na liña de tempo.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0