Saltar navegación

Soporte e atención técnica

Trátase dun servizo que atende as seguintes necesidades:

  • Información sobre os distintos elementos do proxecto: consultas, dúbidas, ...
  • Comunicación e resolución de avarias sobre o equipamento do proxecto
  • Comunicación e resolución de incidencias ou problemas técnicos sobre o entorno virtual de traballo e os contidos dixitais ofrecidos no dito entorno.

Presta o dito servizo a través das seguintes canles:

  • De xeito remoto a través dun canle telefónica (24x7) durante as 24 horas do día, os 7 días da semana:
    • A través do número de teléfono 881 86 99 00
    • De xeito remoto a través do correo electrónico soporte.premium@edu.xunta.gal
    • A través do WhatsApp no número 604 06 78 56
    • A través do Telegram na conta @Serviciopremiumedixgal

Para ver toda a información sobre o soporte premium premer na seguinte ligazón: https://espazoabalar.edu.xunta.gal/e-dixgal/soporte-premium

Que pasa se...

 Que pasa se o meu fillo avaría ou extravía o seu portátil?

O alumno e familia é responsable de que o equipo se manteña no mesmo estado no que lle foi cedido. No caso de que teña algún dano ou perda, deberás poñerte en contacto co soporte Premium para informarlles do acontecido e recibir instrucións de como proceder para subsanalo. Dependendo do caso, pode que a avaría estea cuberta pola garantía do equipo, pero noutros teredes que asumir o importe da reparación ou reposición nos servizo de asistencia técnica indicado polo soporte Premium.

Podo asegurar o equipamento do meu fillo/a?

Si, existe a posibilidade de contratar un seguro para o equipamento de xeito voluntario. Este seguro ten un prezo de 50€ anuais e cubriría o servizo integral de reparacións. Este seguro non cubriría a perda ou roubo do equipo.

No caso de dispoñer dun seguro específico xa contratado ou que inclúa coberturas específicas para dispositivos electrónicos dentro do seguro do fogar, podería cubrir posibles estragos ou deterioros.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)