Saltar navegación

Outros recursos

Ao igual que sucede cos recursos e ferramentas dispoñibles no proxecto, desde a propia Consellería existen outras propostas e programas que facilitan alternativas e materiais que o profesorado poderá integrar nas aulas.

Algunhas das propostas aquí marcadas ofrecen a posibilidade de coñecer os dereitos e deberes dos consumidores (un dos programas do Plan Proxecta), coñecer outras escolas, outros idiomas e outras culturas (dentro das actividades de internacionalización como pode ser o programa Erasmus) ou mellorar os recursos das bibliotecas escolares a través do PLAMBE.

E por suposto calquera outro material xa presente na escola que nos permita achegarnos a realidade na que vivimos, coñecer a explicación científica do noso arredor ou experimentar formas de representar a realidade.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)