Saltar navegación

Atención á diversidade

O modelo híbrido nas escolas ofrece grandes vantaxes para atender á diversidade dos estudantes. Grazas a este enfoque, é posible adaptarse ás necesidades individuais, permitindo que o alumnado con características e situacións variadas acceda tanto a recursos dixitais como a materiais tradicionais. Os recursos dixitais integrados están deseñados para ser flexibles e adaptarse a múltiples necesidades, garantindo que cada estudante poida beneficiarse dos materiais dispoñibles. Algunhas formas en que este enfoque pode axudar:

  • Atención a diferentes estilos de aprendizaxe: Os recursos dixitais, como vídeos interactivos ou simulacións, poden captar a atención de estudantes visuais e kinestésicos, mentres que os libros, fichas e cadernos tradicionais poden ser máis adecuados para os estudantes para afianzar outras aprendizaxes.
  • Personalización da aprendizaxe: As plataformas dixitais permiten adaptar o ritmo e o nivel de dificultade segundo as necesidades individuais de cada alumno.
  • Acceso a unha variedade de recursos: Con ferramentas dixitais, o alumnado pode explorar contidos ampliados, recursos multimedia e actividades interactivas que complementan os conceptos ensinados mediante materiais tradicionais.
  • Fomento do pensamento crítico e a creatividade: Ao combinar metodoloxías tradicionais con ferramentas dixitais, os docentes poden deseñar actividades que fomenten a resolución de problemas, a colaboración e a creatividade, adaptándose mellor a contextos diversos.

Dúbidas relacionadas

Contribúe o uso dos recursos dixitais a atención á diversidade?

O uso do portátil, do encerado dixital interactivo e do EVA facilita a personalización da aprendizaxe, especialmente no relativo a ofrecer diferentes formas de acceder ao currículo e ofrecer materiais de reforzo ou ampliación segundo cada caso.

Ademais o uso dos recursos dixitais do proxecto:

  • Mellora a motivación do alumnado.
  • Os contidos audiovisuais, como fotos e vídeos, son especialmente útiles para estudantes dentro do espectro autista. Ademais, ferramentas como a metodoloxía de aula invertida, con vídeos de docentes, poden ser moi efectivas para certos estudantes,
  • A posibilidade de buscar información en Internet é unha vantaxe significativa.
  • O feito de poder modificar aspectos coma a tipografía, tamaño da letra ou variar os contrastes do EVA poden facilitar o acceso á información ante determinadas dificultades.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)