Actualmente no equipamento do alumnado existe unha aplicación que impide o acceso a contidos inapropiados independentemente onde se conecte o ordenador, tanto nos centros educativos coma nos fogares. Esta aplicación dispón de funcionalidades básicas:
- Filtrado de contidos
- Filtrado de contido inapropiado usando Blacklist e Whitelist.
- Filtrado por categorías
- Configuracións precisas para filtrado de sitios web por categorías.
- Protección no domicilio
- Funciona indistintamente tanto no centro educativo como no domicilio.
- Filtrado da actividade
- Evita accesos non autorizados a sitios con información sensible.
Máis información en: https://espazoabalar.edu.xunta.gal/e-dixgal/novas/navegacion-segura-en-e-dixgal