Que é o Espazo Virtual de Aprendizaxe (EVA) en E-Dixgal?
O EVA é unha plataforma dixital que reúne os materiais educativos, facilita a xestión das tarefas, realizar un seguimento da actividade diaria e permite a comunicación entre docentes e alumnado. Algunhas vantaxes que enriquecen a experiencia educativa tanto para docentes como para estudantes:
- Acceso flexible ao contido: Os estudantes poden acceder a materiais educativos en calquera momento e desde calquera lugar, o que facilita a aprendizaxe autónoma e reforza os conceptos aprendidos en clase.
- Personalización e individualización da aprendizaxe: O EVA permiten adaptar os contidos e actividades ás necesidades e ritmos individuais de cada estudante, fomentando unha educación máis inclusiva.
- Fomento da colaboración: O EVA inclúe ferramentas de comunicación e traballo en grupo, como foros, chats ou wikis, que promoven a interacción e a aprendizaxe colaborativa entre estudantes.
- Uso de recursos multimedia: Integrar vídeos, simulacións interactivas ou xogos educativos fai que a aprendizaxe sexa máis dinámico e atractivo, captando a atención dos estudantes.
- Seguimento e avaliación constante: A través do EVA os docentes poden realizar o seguimento do progreso dos estudantes mediante reportes e ferramentas analíticas, permitindo intervencións máis precisas e oportunas.
- Mellora das competencias dixitais: Familiarizar aos estudantes coas ferramentas dixitais fomenta competencias tecnolóxicas esenciais nun mundo cada vez máis dixitalizado.
Que oportunidades ofrece o EVA no proceso de ensino-aprendizaxe?
O EVA permite acceder aos contidos desde calquera lugar, utilizar ferramentas interactivas que enriquecen a aprendizaxe e seguir facilmente o progreso do alumnado.
Entre as súas posibilidades está:
- Organizar o material de estudo de diversas maneiras: empregando recursos E-Dixgal, recursos web ou de creación propia.
- Engadir múltiples actividades adaptadas a diferentes niveis e ritmos de aprendizaxe.
- Establecer unha comunicación fluída entre profesorado e alumnado, podendo resolver dúbidas a distancia.
- Consultar as cualificacións do alumnado por parte das familias, revisando as notas das súas tarefas.
Que materiais educativos dixitais facilita o proxecto aos centros?
Nestes momentos para cada materia e para cada nivel educativo existen polo menos tres recursos editoriais diferentes. Estes recursos son ofrecidos en función da materia e do nivel por Netex SmartClassroom, Edebé, Aula Planeta e Pearson (material específico para a materia de inglés). Estas editorias proporcionan materiais dixitais adaptados ao currículo, que inclúen contidos interactivos, exercicios autocorrixibles e outros recursos que complementan a ensinanza (imaxes, vídeos, etc). Ademais destes materiais, recentemente todas as editoriais melloraron os seus contidos ofrecendo resumos. Estes resumen teñen como características principais:
- Cada editorial facilita ao final de cada situación de aprendizaxe ou unidade didáctica.
- Supón a recompilación dos saberes mínimos que o alumnado debe coñecer ao final de cada tema.
- Están nun formato (PDF) que posibilita o seu traballo posterior, ben sexa directamente desde o propio dispositivo ou imprimindo ese resume.
Como complemento destes recursos editoriais, desde a propia Consellería ofértanse recursos a través do respositorio de contidos, DIXIT e recentemente súmase a esta oferta o material xerado no proxecto cREAgal.
De forma complementaria, outras iniciativas como son Ágora Dixital ou Lenzo proporcionan pílulas, estratexias e información para levar a aula diferentes propostas.