Accesibilidade nos Polos creativos
Na mellora da accesibilidade, podes crear unha guía visual con pictogramas. Accede ao portal ARASAAC e escolle a lingua, xa que podes descargalos en galego.

Podes empregar a tableta de Polos creativos e a app Arawrite (introducindo a frase escrita ou por voz) para seguir mellorando a accesibilidade no Polo creativo.
Podes descargar unha pequena guía visual en formato PDF para familiarizarte cos pictogramas.
Podes empregar os pictos para facer as secuencias de traballo como aparece na imaxe anterior.
Unha cartolina negra e unha cinta de dobre cara axudarán a telos organizados.