Explorar o espazo axúdanos a coñecer mellor o universo e a entender o noso propio planeta.
Grazas a esas investigacións, xorden avances científicos e tecnolóxicos que tamén melloran a nosa vida cotiá.
Aprender a programar é importante porque nos permite crear ferramentas, resolver problemas e traballar coa tecnoloxía. Amais, a programación desenvolve o pensamento lóxico, a creatividade e a capacidade de analizar situacións.
Por iso, explorar o espazo e aprender a programar son dúas maneiras de preparármonos para o futuro.
Empregaremos este recurso para empezar a dar os primeiros pasos no pensamento computacional e aprender a programar, analoxicamente, con fichas de cores no Polo creativo.