Paso a paso da montaxe
Segue as indicacións das diferentes fases de prototipado, picando sobre cada paso:
1. Cápsula Orión
Imprime, coa impresora 3D de Polos creativos, a cápsula Orión. Tamén podes reproducir algunha das vías para complementar a dotación. Pégaa con cinta dobre cara enriba da máquina do tren.
2. O circuíto
Monta o circuíto, encaixando as vías do Intelino.
3. A torre de lanzamento
Constrúe unha torre de lanzamento coas pezas magnéticas e asegúrate de poñer un contrapeso para estabilizala.
4. O intelino
Programa o Intelino empregando as pezas de cores, segue os códigos que atoparás nos arquivos auxiliares.
5. Os retos
Tes 3 niveis de retos e podes comenzar por aquel sexa máis axeitado ou inventar outros. Tamén podes empregar as cartas para facer un sorteo no grupo.
Podes atopalos nos arquivos auxiliares.
6. O ambiente estelar
Para dar máis vida ao teu escenario, podes engadir carteis cos logos da misión ou construir máis pezas na túa impresora 3D: Lúa, Terra, pedras lunares, etc. Podes atopar os arquivos dos logos no apartado "arquivos auxiliares" deste recurso.
7. A misión Artemis 2
Atréveste a completar a Misión Artemis 2? Constrúe o novo circuito de vías e fai que os catro astronautas (Christina Koch, Reid Wiseman, Victor Glover e Jeremy Hansen) volvan á Terra.