Metacognición
Marca ou indica en que nivel te sitúas en cada aspecto da actividade.
Reflexiona sobre o que aprendiches, como resolviches problemas e como traballaches en equipo.
Nivel 1 – Comezo
-Non sei moi ben que é a misión Artemis II.
-Preciso moita axuda para comprender as fases da misión.
-Non estou seguro de como usar o tren Intelino ou os Magmaster.
Nivel 2 – Exploración
-Entendo parcialmente que a misión Artemis II sobrevoa a Lúa sen aterrar.
-Podo identificar as fases principais (lanzamento, viaxe, sobrevoo, regreso) con apoio visual.
-Necesito guía para programar o tren Intelino e construír a torre.
Nivel 3 – Comprensión
-Comprendo correctamente as fases da misión e o papel da nave Orión e do foguete SLS.
-Podo seguir a secuencia da actividade con pouca axuda.
-Podo construír a torre e programar o tren Intelino con éxito.
Nivel 4 – Aplicación
-Podo explicar a misión a outras persoas usando pictogramas ou tarxetas visuais.
-Podo programar o tren Intelino e simular a misión sen guía constante.
-Contribúo, activamente, no traballo en equipo e axudo a compañeiros/as.
Nivel 5 – Reflexión e Mellora
-Analizo como funcionou o meu proceso de aprendizaxe e como podo melloralo.
-Identifico dificultades e busco estratexias para resolvelas.
-Podo propoñer cambios ou novas ideas para mellorar a recreación da misión.
-Reflexiono sobre que aprendizaxe científico e tecnolóxico obtiven.