Laboratorios voantes de investigación
As misións espaciais son unha fonte de investigación xa que cada misión leva asociada multitude de traballos para realizar nos diferentes tramos. Misións biolóxicas e tecnolóxicas son o día a día dos astronautas que participan nesta experiencia.
As misións espaciais son fundamentais para o progreso da humanidade porque amplían o noso coñecemento do universo e do lugar que ocupamos nel. Grazas a elas, desenvolvéronse tecnoloxías que despois se aplican na medicina, nas comunicacións e noutros ámbitos da vida cotiá. Coñeces algunha delas? Un bo exemplo de investigación feita grazas ás misións á Lúa é o estudo de como crecen as plantas no regolito lunar, utilizando mostras recollidas nas misións Apollo. Esas investigacións están a axudar a desenvolver novos métodos de cultivo en chans pobres, que poden aplicarse en zonas agrícolas de especial complicación na Terra.
Ademais, os sistemas de control de misións espaciais impulsaron o desenvolvemento de tecnoloxías de control dixital, presentes hoxe en aeronaves e en moitos sistemas automáticos.
Así, moitos avances feitos para vivir e viaxar no espazo rematan sendo ferramentas útiles para mellorar a vida e a saúde no noso planeta.
Información da Artemis
Que van estudar na Artemis 2?
Os astronautas de Artemis 2 teñen un papel clave de proba e preparación para o futuro da exploración lunar. A súa misión principal é confirmar que o cohete SLS, a nave Orion e todos os sistemas de soporte vital funcionan de maneira segura coa tripulación no espazo profundo, sen chegar a alunizar.
Durante o sobrevoo lunar, comprobarán a navegación, as comunicacións a longa distancia e as operacións de voo máis aló da órbita baixa da Terra, que é a primeira vez que se fai con humanos en máis de 50 anos.
Tamén medirán como afecta a radiación do espazo profundo ao corpo e ao material, datos esenciais para as misións con máis duración.
Por último, serven como “ensaio xeral” para as futuras misións Artemis que sí intentarán alunizar no polo sur lunar e construír unha presenza humana máis duradeira.
Investigacións activas en biomediciña
Detrás da Artemis 2 hai moita tecnoloxía pero tamén moita cienca. Os astronautas de Artemis 2 realizarán varios experimentos científicos centrados na saúde humana. Algunha das súas tarefas relacionadas coa Biomediciña serán:
- Inmune biomakers. Estudo de biomarcadores inmunitarios onde analizarán mostras de saliva (secas e líquidas) e algúnha de sangue, antes, durante e despois da misión, para ver como o sistema inmunitario reacciona á radiación, o aislamento e a distancia da Terra.
- ARCHeR (Artemis Research for Crew Health and Readiness). É un monitoreo de movemento e sono (tipo reloxo intelixente) para medir ritmo de sono, actividade e desempeño dos astronautas. Avalía a saúde e rendemento da tripulación en espazo profundo.
- AVATAR (A Virtual Astronaut Tissue Analog Response). Usan pequenos chips con células humanas dos propios astronautas para imitar órganos como o cerebro, o corazón ou o fígado e observar como afectan a radiación e a microgravidade a nivel celular.
- Radiation Sensor. A misión recollerá datos sobre o entorno de radiación, no espazo profundo, mediante sensores da cápsula Orion e CubeSat despregados durante o tránsito, co fin de mellorar a protección para futuras misiones á Lúa e a Marte.
Pegada galega
Galicia tamén está presente polas investigacións e acompañamento do grupo atlanTTIC da Universidade de Vigo (especificamente o Grupo de Tecnoloxía Aeroespacial, ATRG).
Este grupo vaia captar as sinais de radio en banda S que emite Orion durante a viaxe, como se fosen os “ouvidos” da misión na Terra. Analizando o efecto Doppler destas señais, pódese calcular a posición exacta da nave e confirmar que segue a traxectoria prevista.
Os investigadores en Vigo estarán traballando sen interrupción durante os dez días da misión, procesando datos que son vitais para a seguridade dos astronautas e o éxito da Artemis 2.