Ampliación e mellora
Tes escoitado falar do Mecanismo de Anticitera?
As eclipses fascinan ao ser humano dende os albores do coñecemento. Aló polo século VI a.C., os primeiros filósofos presocráticos xa miraban ao ceo en busca de explicacións para o orixe das cousas ou a súa esencia.
O movemento dos astros sempre foi unha referencia para atopar porqués e os paradigmas foron variando dende o xeocentrismo ata Relatividade xeral de Einstein.
Na antiga Grecia, utilizaban este mecanismo fascinante para simular o movemento dos astros. O incrible é que era capaz de predecir eclipses con absoluta fiabilidade!

Sería capaz de predecir a eclipse do 12 de agosto de 2026 en Galicia?