A guía do prototipo
Os pasos, de xeito sintético, para crear o simulador de sombras, son os seguintes:
1. Descarga
Descargar os arquivos svg e g-code para executar o modelo físico.
2. Imprime
Imprime e corta as diferentes partes.
3. Circuítos
Crea os circuítos que levarán a información do modelo físico á placa.
4. Conexións
Conecta os cables de crocodilo á placa e máis á placa. Esta última, á súa vez, á computadora.
5. Scratch
Descarga o arquivo co código de bloques e co modelo dixital para importalo en Scratch.
6. A probar!
Comproba que tódalas conexións son correctas e o modelo físico é coherente co dixital
Descarga o PDF da ligazón para ter un "paso a paso" visual das diferentes fases do proxecto.