Listaxe de cotexo
Un xeito moi útil para avaliar a consecución do reto é a través dunha listaxe de cotexo das diferentes partes que o compoñen:
| Elemento a comprobar | Cumprido | Observacións |
|---|---|---|
| As bases superior e inferior do modelo coinciden | ||
| A semilúa encaixa ben no disco xiratorio | ||
| Os 6 circuítos son continuos e independentes entre eles | ||
| O circuíto da parte posterior (terra da placa) fai boa conexión co encadernador | ||
| O cableado da placa é coherente cos circuítos de cinta condutora | ||
| Os circuítos están enlazados coa información dos bloques do código | ||
| O prototipo é seguro e accesible para todo o alumnado | ||
| Usáronse materiais reutilizados ou sustentables |
Podes empregar esta listaxe para revisar o teu traballo antes da presentación final ou para a coavaliación entre grupos.