Os modelos físicos e dixitais
Eclipse de sol ou de lúa?
O reto creativo consistirá en construir un simulador de eclipses. O obxectivo é dispor dun modelo físico manipulativo que permita o movemento da Lúa arredor da Terra e, así, variar as posicións relativas dos sistema Sol-Lúa-Terra. Este modelo físico estará coordinado co modelo dixital, a través da placa, xerando información de interese, para a persoa manipuladora, no que se refire ás eclipses.
Despois de imprimir, cortar, montar os elementos e organizar as pezas, o alumnado integrará un circuito electrónico simple (placa, cables e cinta condutora). Pode ser de grande utilidade iniciarse no apaixonante mundo dos circuitos eléctricos, poñendo en práctica algún exemplo sinxelo. Para iso, pode empregarse antes o kit de electrónica básica e/ou o de circuitos de papel con cinta de cobre.
Valora os seguintes consellos:
- Reutiliza material, na medida do posible.
- Investiga e recolle información sobre os diferentes tipos de eclipses.
- Unha vez xerado o circuito, comproba a coordinación deste co modelo dixital en Scratch.
