Competencias clave
Este reto está enmarcado na aprendizaxe dentro dos Polos creativos dos centros educativos galegos.
As competencias que se mobilizan, segundo o especificado na LOMLOE, son:
- Competencia en matemática e en ciencia, tecnoloxía e enxeñaría (STEM)
- Competencia dixital (CD)
- Competencia emprendedora (CE)
A través deste reto, o alumnado traballa con material manipulativo, coordinado con recurso electrónicos e dixitais. Amais, precisa mobilizar saberes de prototipado para obter un modelo físico funcional e accesible.