Saltar la navegación

13. Actividades extraescolares e complementarias

Entendemos que as actividades complementarias e extraescolares deberán contribuír á difusión da educación e a cultura en xeneral e aos contidos da materia que imparte o departamento organizador en particular, así mesmo, deberán estar relacionadas co currículo do centro.

De maneira xeral definimos como actividades complementarias as organizadas durante o horario escolar polos centros, de acordo co seu proxecto curricular e que teñen un carácter diferenciado das propiamente lectivas, ben polo momento, o espazo ou recursos que se utilizan. Serán coordinadas pola Xefatura de Estudos ou por Vicedireción e realizadas polos equipos docentes e, se se desenvolven no centro, terán un caracter obrigatorio para o profesorado e o alumnado.

Pode haber actividades complementarias que se desenvolvan fóra do centro e, neste caso, serán voluntarias para o alumnado e requirirán autorización expresa dos pais, nais ou titores legais. A Dirección do centro arbitrará as medidas necesarias para a atención dos alumnos e alumnas que non participen nas mesmas.

Enténdense como actividades extraescolares as que se realizan co alumnado fóra do horario lectivo. A participación será voluntaria para o alumnado e para o profesorado e por iso, non poderán conter ensinos incluídos na programación docente dos niveis que cursa o alumnado participante.

O departamento, de xeito habitual, realiza una serie de actividades complementarias  adaptadas os intereses dos alumnos, como son:

  • Conferencias, charlas, coloquios, etc. que complementen a experiencia docente diaria.

Ao comezo do presente curso, tendo en conta o Protocolo de adaptación á situación da COVID-19 non se valora a realización de ningunha actividade extraescolar.