Saltar la navegación

10. Medidas de atención á diversidade

Á hora de expor as medidas de atención á diversidade e inclusión temos de solicitar, en primeiro lugar, diversa información sobre cada grupo de alumnos, como por exemplo a relativa a:

  • O número de alumnos e alumnas.
  • O funcionamento do grupo (clima da aula, nivel de disciplina, atención...).
  • As fortalezas que se identifican no grupo en canto ao desenvolvemento de contidos curriculares.
  • As necesidades que se puideron identificar; convén pensar nesta fase en como se poden abordar (planificación de estratexias metodolóxicas, xestión da aula, estratexias de seguimento da eficacia de medidas, etc.).
  • As fortalezas que se identifican no grupo en canto aos aspectos competenciais.
  • Os desenvolvementos competenciais prioritarios que hai que practicar no grupo nesta materia.
  • Os aspectos que se deben ter en conta ao agrupar aos alumnos e ás alumnas para os traballos cooperativos.
  • Os tipos de recursos que se necesitan adaptar a nivel xeral para obter un logro óptimo do grupo.

NECESIDADES INDIVIDUAIS

Os aspectos anteriores proporcionan non só coñecemento sobre do grupo como conxunto, senón que tamén  información acerca de diversos aspectos individuais dos estudantes, a partir da cal se poderá:

  • Identificar ós alumnos ou ás alumnas que necesitan un maior seguimento ou personalización de estratexias no seu proceso de aprendizaxe. 
  • Saber as medidas organizativas a adoptar. 
  • Establecer conclusións sobre as medidas curriculares a adoptar, así como sobre os recursos que se van a empregar.
  • Analizar o modelo de seguimento que se vai a utilizar con cada un deles.
  • Acoutar o intervalo de tempo e o modo en que se van a avaliar os progresos destes estudantes.

É destacable que o traballo con grupos de alumnos o máis pequenos posible favorece en gran medida o proceso de ensino-aprendizaxe en calquera área, pero moi especialmente naquelas nas que a compoñente práctica é tan importante, como é o caso da Robótica.