FILOSOFÍA 1ºBACH ABC FERNANDO
Section outline
-
-
Foro para comunicados urxentes e relevantes por parte do profesor.
-
Contidos, metodoloxía e avaliación de Filosofía 1º Bac durante o curso 2025-2026
-
Dispoñible na páxina Webdianoia de José María Fouce.
Para consultar o significado dos termos técnicos que vaian aparecendo na materia.
-
Dispoñible na Enciclopedia virtual da editorial Herder.
Consúltao no caso de non atopar o termo no glosario do enlace anterior, ou de querer afondar máis nalgún concepto ou autor.
-
Elaborado por Daniel Rosende.
Videos de duración curta sobre conceptos, problemas e autores da historia da filosofía. Esquemas e debuxos explicados con voz en off nunha linguaxe moi accesible. Duración aproximada de 10' por video.
-
Elaborado por Enric Gel.
Videos sobre conceptos, problemas e autores da historia da filosofía. Explicacións completas e rigorososas, pero moi amenas e accesibles para público atento. Videos dunha duración entre 10' e 20'.
-
Excelente libro de Masato Tanaka e Tetsuya Saito, publicado en España por Blackie Books en 2020. Os principais conceptos da filosofía occidental explicados con debuxos. Cada páxina un concepto. Distribuidos por autores ordenados cronoloxicamente. Moi recomendable para ter na túa estantería.
-
-
Bloques de contidos sobre teoría do coñecemento e a súa relación coa realidade, con temas de epistemoloxía, metafísica, lóxica e filosofía da ciencia.
-
Anota as ideas principais deste video.
-
Película estadounidense dirixida polas irmás Lilly e Lana Wachowsky en 1999. V.O. subtitulada en español.
Aborda dun modo moi interesante o problema ontolóxico da realidade/aparencia e o problema epistemolóxico do coñecemento verdadeiro/ilusorio. Tamén ten moita importancia o problema da liberdade/determinismo á hora de conducir a propia existencia. Todo elo atravesado polo problema antropolóxico e político da relación entre os humanos e as máquinas, que é o argumento da película. Sen dúbida unha das películas máis filosóficas da ciencia ficción contemporánea.
-
Escena da película Matrix onde Morpheo lle explica a Neo, unha vez liberado e recuperado, o que é Matrix.
-
Cadro sintético para distinguir entre "ser sincero" (o que se di corresponde co que se cre) e "dicir a verdade" ( o que se di corresponde co real).
-
Extracto do libro Gran historia visual de la filosofía de Masato Tanaka (Blackie Books, 2020) .
-
Extracto do libro Gran historia visual de la filosofía de Masato Tanaka (Blackie Books, 2020).
-
ACTIVIDADES
- Distingue entre opinar e crer por un lado e coñecer e saber polo outro. Pon un exemplo de cada termo.
- Se un suxeito S ten unha crenza falsa, ¿poderíamos dicir que ten coñecemento? Razoa a resposta cun exemplo.
- ¿É posible que un suxeito S teña unha crenza verdadeira e sen embargo non poidamos afirmar que ten coñecemento? Razoa a resposta cun exemplo.
- ¿É o mesmo mentir que dicir unha falsedade? Razoa a resposta e pon un exemplo.
- Fai un esquema do apartado “Realidade, coñecemento e verdade según Aristóteles”.
- Explica o proceso de elaboración dun concepto por abstracción según a teoría do coñecemento de Aristóteles. Emprega un exemplo na túa explicación como pode ser o coñecemento da "mazá" presentada neste esquema.
- Define e pon un exemplo dos seguintes termos epistemolóxicos: sensación, percepción, entendemento, concepto, xuízo, razón, razoamento, intuición empírica, intuición intelectual, abstracción, xénero, especie.
- Fai un esquema do apartado “Realidade, coñecemento e verdade según Descartes”.
- Fai un esquema do apartado “Realidade, coñecemento e verdade según Hume”.
- Explica brevemente en que consiste cada unha destas posicións epistemolóxicas: realismo, idealismo, perspectivismo, relativismo, escepticismo, racionalismo, empirismo, principio de autoridade, dogmatismo.
- Enche os ócos do texto de René Descartes sobre o coñecemento. Razoa por qué Descartes non é escéptico.
- Mira o video e explica que semellanzas e diferenzas atopas entre o que explica o presentador do video e a teoría de Descartes sobre a dúbida metódica e a primeira verdade.
- Enche os ócos do texto de John Locke sobre o coñecemento. Razoa por qué Locke é empirista.
- Explica as teorías da verdade entendida como propiedade do entendemento: teoría da evidencia, teoría da coherencia, teoría da adecuación realista, teoría da adecuación pragmática e teoría do consenso racional.
- "Brancaneves foi envenenada cunha laranxa". ¿Verdadeiro ou falso? ¿Que teoría empregaches para respostar? Razoa. "Gañaremos porque somos os mellores" ¿Verdadeiro ou falso? ¿Que teoría empregaches para respostar? Razoa.
- Fai un resumo do apartado “A desinformación e o fenómeno da posverdade”. Expón algún exemplo actual de dito fenómeno.
- Fai un resumo do video "¿Por qué vemos colores?". Relaciona a explicación do video coa diferenza entre cualidades primarias/cualidades secundarias por un lado, e a diferenza entre realismo inxenuo/realismo crítico polo outro.
-
Anota os argumentos a favor da dúbida solipsista e desenvolve os argumentos científicos presentados para superala.
-
Extracto do libro Gran historia visual de la filosofía de Masato Tanaka (Blackie Books, 2020) .
-
Extracto do libro Gran historia visual de la filosofía de Masato Tanaka (Blackie Books, 2020) .
-
ACTIVIDADES
- Explica a orixe do termo “metafísica”. ¿Qué relación garda cos termos “ontoloxía” e “teoloxía”?
- Desenvolve o problema da explicación do cambio para os presocráticos. ¿Ten algo que ver este problema co recurso á noción de "arkhé"?.
- Explica as características do ser según Parménides de Elea (s. VI a.C).
- Explica o paradoxo de Aquiles e a tortuga según Zenón. ¿Por qué é un argumento en contra da existencia real do movemento ou cambio?
- Explica a solución de Sócrates ao problema do ser.
- Fai un esquema da ontoloxía de Platón (apartado "Platón: las esencias y la idea de bien").
- Pon un exemplo das dez categorías de Aristóteles aplicadas a un indivíduo particular.
- Desenvolve a argumentación de Aristóteles contra Platón acerca de que as cousas non están separadas das súas esencias. ¿Qué relación hai entre esa argumentación e os xestos de Platón e Aristóteles no fresco A Escola de Atenas de Rafael (s. XVI)?
- Distingue entre as posicións sobre o debate dos universais no mundo antigo e medieval: realismo esaxerado, realismo moderado, nominalismo. ¿Cal delas che convence máis ? Razoa a túa resposta.
- Explica a relación entre realidade e apariencia en conexión coa distinción entre cualidades primarias e secundarias do tema anterior.
- Distingue entre ontoloxías monistas, dualistas a pluralistas. Explica a ontoloxía pluralista de Gustavo Bueno (sérvete tamén da información da páxina 199).
- Explica a posición do existencialismo como crítica ao esencialismo en relación co ser humano.
- Anota a definición de Deus según as grandes relixións monoteístas (xudaísmo, cristianismo, islam).
- Resume os argumentos a favor da existencia de Deus.
- Resume os argumentos críticos en relación coa existencia de Deus por parte das ontoloxías materialistas (Feuerbach, Nietzsche, Gustavo Bueno).
- Define determinismo e distingue entre determinismo mitolóxico, teolóxico e científico (mecánica clásica).
- Desenvolve as ideas do indeterminismo das mecánicas non clásicas.
- Resume a argumentación do apartado “A liberdade”. Pon exemplos a medida que vas explicando cada concepto (liberdade de, liberdade para, determinismo, proxecto, conciencia, persoa).
-
Analiza os seguintes argumentos indicando a qué tipo de falacia informal corresponde cada un.
-
Páxina con recursos que empregaremos neste tema como complemento dos apuntamentos. Ten explicacións teóricas, actividades de formalización, textos para encher, táboas de verdade, exercicios de cálculo dedutivo e exercicios de autoavaliación. Conta tamén cun glosario exhaustivo dos termos empregados.
-
ACTIVIDADES
- Resume o apartado “Razón, pensamento e linguaxe” usando os marcadores de inicio de cada párrafo.
- Define argumentación e distingue os seus tipos.
- Distingue lóxica formal e lóxica informal.
- Explica de que se ocupa a lóxica de enunciados e define: proposición, proposición simple, proposición composta.
- Distingue se se trata ou non de proposicións.
- Distingue verdade empírica de verdade lóxica ou validez.
- Define premisas e conclusión. Inventa un exemplo de argumento válido (loxicamente verdadeiro) con premisas e conclusión empíricamente falsas.
- Identifica a conclusión dos seguintes razoamentos.
- Explica que significa formalizar. Copia na túa libreta as regras para formalizar.
- Copia na túa libreta as conectivas da lóxica de enunciados. Para cada conectiva indica: como se simboliza, como se le e un exemplo distinto das fotocopias.
- Escolle a formalización correcta das negacións.
- Escolle a formalización correcta das conxuncións.
- Escolle a formalización correcta das disxuncións.
- Formula o principio de non contradicción que aparece neste video. ¿Como se aplica ao valor de verdade das proposicións?
- Debuxa na túa libreta a táboa de verdade de cada conectiva excepto o disxuntor exclusivo. Explica cada unha empregando un exemplo distinto do das fotocopias.
- Le os exemplos onde se indica que o condicional é sempre V excepto cando o antecedente é V e o consecuente F.
- Decide V ou F para cada implicación.
- Escolle cinco formas de intepretar a fórmula p→q dándolle unha interpretación a p e a q. Anota as formas onde aparecen as expresións “condición necesaria” e “ condición suficiente”.
- Fíxate nos exemplos de interpretación do bicondicional.
- Decide V ou F para cada coimplicación.
- Formaliza as seguintes proposicións compostas.
- Interpreta as seguintes fórmulas.
- Define o valor de verdade das fórmulas tendo en conta as seguintes interpretacións. Antes de facelo debes formalizar cada proposición composta.
- Despois de repasar o aparado “A dominancia das conectivas e o uso de parénteses”, decide cal é a conectiva dominante nas seguintes proposicións compostas.
- Este video con exemplos pódeche servir para entender como se fan as táboas de verdade. Despois le o apartado das fotocopias “Como facer táboas de verdade”. Define na túa libreta tautoloxía, contradicción e indeterminación (tamén chamada continxencia).
- Comeza practicando coas táboas das seguintes fórmulas.
- Continúa coas táboas das seguintes fórmulas.
- ¿Para qué serven as regras do cálculo lóxico? Explícao coa regra de Modus Ponens e pon un exemplo inventando o seu contido.
- Fai a táboa da regra de Modus Ponens (MP) e da Falacia de afirmación do consecuente. Interpreta esta Falacia co mesmo contido que usaches na actividade anterior e explica por qué é unha falacia.
- Fai a táboa da regra de Modus Tollens (MT) e da Falacia de negación do antecedente. Interpreta ambas co mesmo contido que usaches na actividade anterior.
- Escolle a conclusión adecuada aplicando as regras MP e MT.
- Explica cun exemplo as regras de Eliminación do Conxuntor (EC) ou Simplificación e da Introducción do Dixuntor (ID) ou Adición.
- Explica a regra de Siloxismo Disxuntivo (SD) cun exemplo inventado.
- Emprega o mesmo exemplo da actividade anterior para explicar a diferenza entre Siloxismo Disxuntivo (SD) e Falacia da disxunción (páx. 162).
- Convirte as dúas Regras de De Morgan (DM) en dúas fórmulas compostas, fai a súa interpretación e fai a súa táboa de verdade.
- Actividade de repaso: escribe na túa libreta as seguintes regras de inferencia cun exemplo para cada unha: Eliminación do Conxuntor (EC), Introducción do Disxuntor (ID), Modus ponens (MP), Modus tollens (MT), Siloxismo disxuntivo (SD) e Regras de De Morgan (DM).
- Unha regra moi interesante é a da Introdución do negador ou Reducción ao Absurdo (Abs) empregada nas demostracións indirectas: demostrar que algo é V porque supoñer a súa negación nos levaría a unha contradición. Le a explicación desta regra e escribe un exemplo inventado por ti onde sigas os pasos da explicación.
- Le os seguintes exemplos de cálculo lóxico no que se aplican as regras de MP e EC.
- Pon un exemplo dos catro tipos de proposición según a lóxica de termos ou clases. Colócaos no lugar correspondente do cadro de Boecio (s. V d.C.).
- Explica cos exemplos da actividade anterior a diferenza entre proposicións contrarias e contradictorias.
- Pon un exemplo inventado por ti de razoamento válido con cada unha das catro figuras do siloxismo aristotélico. Sinala en cada exemplo os termos menor, maior e medio.
- Fai a representación de cada un dos catro exemplos da actividade anterior usando diagramas de Venn.
- Distingue os elementos correspondentes ao exordium (introducción), demonstratio (demostración) e peroratio (conclusión) nun discurso retórico da túa elección.
- Distingue entre falacias e sofismas.
- Identifica as falacias formais.
- Fai una táboa na túa libreta onde poñas, a carón de cada tipo de falacia material, un exemplo e o seu esquema. Comeza copiando os esquemas que aparcen neste enlace de filópolis.
- Identifica de que falacia se trata en cada exemplo do documento “Falacias materiais para analizar”.
- Practica o que descubriches resolvendo os seguintes exercicios sobre falacias de filópolis e proyectoafri.
- Distingue entre validez (formal) e verdade (material).
- ¿É o mesmo verdade que solidez? Razoa a túa resposta.
- Explica as diferenzas entre as inferencias deductivas e inductivas.
- Escolle a opción correcta entre tipos de argumento deductivo e inductivo.
- Escolle a opción correcta entre inferencia deductiva non válida, válida e sólida.
- Enche os ócos do texto sobre criterios de validez deductiva.
- Enche os ócos do texto sobre deducción e inducción.
- Busca información sobre que son os "paradoxos". Escolle un exemplo e explícao. Da a túa opinión razoada: ¿trátase dunha tautoloxía ou unha contradicción? ¿Un razoamento válido ou non válido?
-
Descarga e imprime o documento. Debes telo sempre contigo nas clases para estudiar e facer as actividades.
-
ACTIVIDADES
- Elabora unha definición xenérica de ciencia e un esquema onde clasifiques os distintos tipos de ciencias.
- Pon un exemplo dos tres obxectivos das ciencias (explicar, predicir, manipular) nos seus distintos sentidos.
- Define: experimento; hipótese; lei (universal, necesaria, estatística); modelo (conceptual, material); teoría; paradigma.
- Fai un esquema do apartado “A concepción aristotélica da ciencia”.
- Debuxa na túa libreta o modelo de cosmos aristotélico. Indica as modificacións que fixo Aristóteles no modelo de Eudoxo e Calipo.
- Algúns planetas teñen un movemento retrógrado aparente. Describe a solución dos epiciclos de Ptolomeo para explicar ese movemento.
- Resume o primeiro video acerca da explicación do movemento retrógrado dos planetas por parte de Copérnico (s. XVI).
- Recolle os descubrimentos astronómicos e físicos de Galileo (s. XVII) que se describen no terceiro video do enlace anterior.
- Indica a modificación que fai Kepler (s. XVII) no modelo heliocéntrico de Copérnico coa formulación das dúas primeiras leis. Enlace das actividades anteriores, segundo video.
- Recapitulación e afondamento: comparación entre os modelos de Eudoxo, Ptolomeo e Copérnico; as tres leis de Kepler; os experimentos de Galileo co plano inclinado; maqueta a escala do sistema solar.
- Fai un esquema do apartado “A concepción moderna da ciencia: o método hipotético-deductivo”.
- Explica cal é o obxectivo, o criterio de demarcación e o método das ciencias según o neopositivismo.
- Desenvolve a crítica de Popper á idea neopositivista de que as observacións son anteriores á teoría.
- Explica a crítica de Popper ao principio de inducción e pon un exemplo de inducción errónea.
- Contrapón a falsabilidade frente á verificabilidade como criterio demarcación da ciencia.
- Da unha interpretación ao principio de falsación. Observa que ten a mesma forma que a lei de Modus Tollens. ¿Implicaría o principio de verificación caer na falacia de afirmación do consecuente? Razoa a resposta.
- Fai un esquema do apartado “A teoría das revolucións científicas: Kuhn.”
- Explica o proceso de revolución científica usando como exemplo o paso da cosmovisión aristotélico-ptolemaica á cosmovisión moderna. Apóiate nas actividades anteriores e consulta este resumo se tes dúbidas.
- Enche os ócos deste texto no que Kuhn critica o falsacionismo de Popper.
- Enche os ócos deste texto no que Chalmers aporta unha visión instrumentalista das teorías científicas. ¿A qué concepción da verdade das que vimos no tema de epistemoloxía corresponde o instrumentalismo? Razoa.
- Escribe a definición aristotélica de técnica.
- Resume a concepción científico-técnica do mundo que se forma na modernidade (Bacon, Descartes, a Ilustración).
- Resume a reflexión sobre a técnica que desenvolven no século XX Ortega y Gasset, Heidegger e a Escola de Frankfurt.
- Enuncia o “principio de precaución” a aplícao a un exemplo dalgún desenvolvemento tecnolóxico recente.
- Explica en que sentido o coñecemento puro non existe según Habermas.
- Fai unha táboa onde fagas corresponder: os tipos de acción social, o interés de cada unha e o tipo de ciencias onde ser realiza.
- Enche os ócos deste texto sobre ciencia e interés.
- Emprega todo o que aprendiches para facer este crucigrama de termos de filosofía da ciencia.
-
-
Bloque con contidos das ramas prácticas da filosofía: ética, política e estética.
-
Os materiais do tema están dispoñibles nos documentos de arriba. Hai varios fragmentos de películas para analizar e os documentos en PDF titulados Principais teorías éticas e Cómic sobre teorías éticas. Asimesmo achego enlaces para ampliar información.
Cada unha das teorías éticas será presentada por un membro da clase nunha exposición oral de un mínimo de 5 minutos e un máximo de 10. O profesor indicará ao inicio do tema que teoría deberá expoñer cada alumno. O listado de exposicións está no documento Distribución das exposicións orais de ética e política entre o alumnado. As dúas primeiras exposicións serán o luns 13 de abril (1ºB e 1ºC) e o martes 14 de abril (1ºA).
Dita exposición será valorada con 1 punto sobre a nota da avaliación. Os materiais para preparar a exposición son: o apartado correspondente dos documentos Principais teorías éticas e o ENLACE DE AMPLIACIÓN indicado para cada teoría. Para consultar conceptos cos que se teñas dúbidas recoméndanse os recursos do inicio da aula virtual: o diccionario Webdianoia e a enciclopedia Herder.
Cada alumno debe elaborar un guión da súa exposición que enviará ao profesor (ferprada@edu.xunta.gal) co titulo "GUION_TEORIA_1BacX" (indicando o apartado traballado e grupo de que se trate). O guión será proxectado na pantalla durante a exposición. O alumno/a poderá empregar unha copia impresa do mesmo namentres expón o tema. Ao remate da exposición deberá concluir resumindo as ideas principais.
A rúbrica empregada para a corrección por parte do profesor está dispoñible no documento "Rúbricas de corrección" ao inicio da Aula virtual (trátase da rúbrica EXPOSICIÓN), e tamén ao inicio do tema.
A distribución das exposicións segue a orde de lista do alunado, tal como figura no documento ao inicio do tema.
ACTIVIDADES
- Mira os fragmentos da película Gracias por fumar “Presentación” e “Clase”. Escribe os argumentos que Nick Naylor emprega para defender o uso do tabaco. Escribe a túa resposta razoada a esta pregunta: ¿Parécenche bos argumentos?
- Explica a estratexia que Nick Naylor describe no diálogo co seu fillo no fragmento “Como vencer nun debate”. Dá a túa opinión razoada.
- Pon un exemplo de acto moral e distingue as súas cinco fases.
- Explica cun exemplo o que significa "acatar libre e conscientemente as normas morais".
- Desenvolve un exemplo de conflicto de conciencia por ter que escoller entre normas incompatibles.
- Fai un cadro onde contrapoñas as características das normas morais e das normas xurídicas. Pon un exemplo de cada unha.
- O exemplo de norma moral que escolliches na actividade anterior, ¿en que se fundamenta? ¿Cumpre as características que indicaches no cadro? Razoa a resposta.
-
Ademáis de normas morais e xurídicas hai normas técnicas ou instrumentais (p.ex. lavar por separado as prendas brancas e de cor) e normas sociais ou de cortesía (p.ex. dicir "por favor" e "gracias" cando se solicita algo a alguén). Engade estas dúas últimas ao cadro da actividade 6 especificando tamén as súas características.
- Despois de ler o seguinte enlace explica a diferenza entre os “feitos” e os “valores” e a diferenza entre os xuizos de feito e os xuizos de valor. A palabra “valor” ten moitos usos e sinónimos. Despois de facer as actividades interactivas sinala alomenos tres usos diferentes e tres sinónimos da palabra.
- Contrapón o absolutismo e o relativismo moral e explica o seu conflicto cun exemplo.
- Analiza con atención o fragmento da película El método sobre “A expulsión de Julio”. Resume os argumentos de Julio, Nieves e Carlos do modo máis detallado posible. Debes empregar na túa argumentación os termos "axente", “responsabilidade”, "normas", “valores”, "intencións", "fins", "resultados", "consecuencias".
- Fai un esquema da teoría ética dos sofistas (relativismo). ENLACE DE AMPLIACIÓN: caracterización dos sofistas e Protágoras de Abdera.
- Fai un esquema da teoría ética de Sócrates (intelectualismo socrático). ENLACE DE AMPLIACIÓN: Vida e método de Sócrates.
- Le o cómic sobre teorías éticas pp. 135-144; ENLACE DE AMPLIACIÓN: Dilema de Eutifrón.
- Fai un esquema da teoría ética de Platón (intelectualismo platónico). Explica a alegoría do carro alado e engade a virtude propia de cada parte da alma . ENLACE DE AMPLIACIÓN: Video sobre mito do carro alado.
- Fai un esquema da teoría ética de Aristóteles (eudemonismo). Elabora unha táboa onde distingas as virtudes mencionadas na fotocopia cos seus vicios por defecto e por exceso. ENLACE DE AMPLIACIÓN: A teoría ética aristotélica.
- Fai un esquema da teoría ética dos estoicos (estoicismo). Busca información sobre a vida e morte de Sócrates e de Séneca. ¿Poderíamos afirmar que morreron estoicamente? Razoa a resposta. ENLACE DE AMPLIACIÓN: Caracterización do estoicismo.
- Fai un esquema da teoría ética dos epicúreos (hedonismo epicúreo). ENLACE DE AMPLIACIÓN: Caracterización do epicureismo.
- Fai un esquema da teoría ética de S. Tomé de Aquino (iusnaturalismo ético). Resume o texto 13 (p. 80) seguindo a súa estructura de modo que expliques coas túas palabras cada párrafo. ENLACE DE AMPLIACIÓN: Lei natural.
- Fai un esquema da teoría ética de Hume (emotivismo. HAI ALGUNHAS ERRATAS NO TEXTO). Pon exemplos do que di o autor inventados por ti. ENLACE DE AMPLIACIÓN: explica a diferenza entre o emotivismo relativista actual e o emotivismo universalista de Hume.
- Fai un esquema da teoría ética de Kant (formalismo). ENLACE DE AMPLIACIÓN: Explica a fórmula do imperativo categórico empregando dous exemplos.
- Fai un esquema da teoría ética de Stuart Mill (utilitarismo). ENLACE DE AMPLIACIÓN: Caracterización do utilitarismo.
- Describe detalladamente a escena do cómic sobre teorías éticas pp. 145-157 na que Stuart Mill lanza o flotador ao fillo do tendeiro que está afogando. ¿Trátase dun exemplo de formalismo kantiano ou de utilitarismo? Razoa a resposta.
- Fai un esquema da teoría ética de Nietzsche (vitalismo). ENLACE DE AMPLIACIÓN: Caracterización da moral de señores/escravos.
- Regresa ao Tema 3. Metafísica, apartado "Determinismo e liberdade". Fai un resumo do apartado, de modo que expliques a importancia do determinismo para a ética, e desenvolvas a diferenza entre liberdade de/liberdade para.
- Fai un esquema da teoría ética de Sartre (existencialismo). ENLACE DE AMPLIACIÓN: Caracterización da ética de Sartre.
- Mira os fragmentos da película "Eduardo Manostijeras" dispoñibles arriba. Describe pormenorizadamente a escena da discusión na cea. Os argumentos presentados, ¿gardan relación con algunha/s da/s teoría/s éticas presentadas no tema? Indica cal/es e razoa a túa resposta.
- A páxina de Moral Machine elaborada polo MIT (Massachusetts Institute of Technology) presenta dilemas moi interesantes enfocados á toma de decisión de coches autónomos. Preme ne "Comenzar a juzgar" e escolle unha alternativa das dúas que se che presentan cada vez. Ao remate anota na túa libreta a túa puntuación en cada un dos apartados. Se queres podes deseñar novas posibilidades e compartilas cos outros usuarios.
-
Descarga e imprime o documento. Debes telo sempre contigo nas clases para estudiar e facer as actividades.
-
Os materiais do tema están dispoñibles nos documentos de arriba. Hai varios fragmentos de películas para analizar e o documento en PDF titulado Filosofía política. Asimesmo achego enlaces para ampliar información.
Cada unha das teorías políticas será presentada por un membro da clase nunha exposición oral de un mínimo de 5 minutos e un máximo de 10. O profesor indicará ao inicio do tema que teoría deberá expoñer cada alumno. Dita exposición será valorada con 1 punto sobre a nota da avaliación. Os materiais para preparar a exposición son: o apartado correspondente dos documentos Filosofía política e o ENLACE DE AMPLIACIÓN indicado para cada teoría. Para consultar conceptos cos que se teñas dúbidas recoméndanse os recursos do inicio da aula virtual: o diccionario Webdianoia e a enciclopedia Herder.
Cada alumno debe elaborar un guión da súa exposición que enviará ao profesor (ferprada@edu.xunta.gal) co titulo "GUION_TEORIA_1BacX" (indicando o apartado traballado e grupo de que se trate). O guión será proxectado na pantalla durante a exposición. O alumno/a poderá empregar unha copia impresa do mesmo namentres expón o tema. Ao remate da exposición deberá concluir resumindo as ideas principais.
A rúbrica empregada para a corrección por parte do profesor está dispoñible no documento "Rúbricas de corrección" ao inicio da Aula virtual (trátase da rúbrica EXPOSICIÓN), e tamén ao inicio do tema.
A distribución das exposicións segue a orde de lista do alunado, tal como figura no documento ao inicio do tema.
ACTIVIDADES
- Fai un esquema dos apartados "Formas de organización social" e "Orixe e características do Estado moderno". ENLACE DE AMPLIACIÓN: explica o concepto de "monopolio da violencia lexítima" como característica do Estado moderno.
- Fai un esquema do apartado "A xustiza" (pp. 274-275). ¿Corresponde a distribución das partes da polis coa distribución das partes da alma en Platón? Razoa a resposta.
- Fai un esquema do apartado "O ben común". Copia e enche os ócos do texto no que Aristóteles explica por que o home é un "zôon politikon". ¿Correspóndese coa teoría do apartado?
- Fai un esquema do apartado "Maquiavelo: ciencia política e Estado nacional". Identifica as cualidades do príncipe no capítulo XVIII de El Príncipe.
- Fai un esquema do apartado "Hobbes: lo civil y el Estado". Resposta as tres preguntas do texto do final do apartado. Despois enche os ócos deste texto e compárao coas túas respostas.
- Fai un esquema do apartado "Locke: o Estado liberal". Resposta as dúas preguntas do texto do final do apartado. Despois enche os ócos deste texto e compárao coas túas respostas.
- Fai un esquema do apartado "Rousseau: a vontade xeral". Resposta a pregunta do texto da marxe.
- Fai un esquema do apartado "As correntes igualitarias" (ata o socialismo utópico). ENLACES DE AMPLIACIÓN: o pensamento do tecnócrata Saint-Simon; o pensamento do utópico Fourier.
- Fai un esquema do apartado "As correntes igualitarias. O comunismo; o anarquismo". ENLACES DE AMPLIACIÓN: o pensamento do mutualista Proudhon; o pensamento marxista (céntrate no apartado 3: crítica da economía política burguesa).
- Fai un esquema do apartado "A democracia: desenvolvemento histórico e fundamentación filosófica".
- Resume as características do totalitarismo (os dous primeiros apartados); distíngueo do autoritarismo.
- Fai un esquema do apartado "A loita pola igualdade e o movemento feminista (A, B, C, D,E).
- Fai un esquema do apartado "A loita pola igualdade e o movemento feminista (F, G, H, I).
- Explica o conflicto de intereses económicos presentes no fragmento da película Las uvas de la ira dispoñible arriba.
- Explica as formas de lexitimación da autoridade según o sociólogo Max Weber. Completa a información coa táboa e explica un exemplo histórico de cada tipo.
- Describe pormenorizadamente o que sucede nas escenas de Los dientes del diablo dispoñibles arriba.
- Redacta un ensaio onde analices o conflicto entre Inuk e o policía empregando a teoría das tres formas de lexitimación da autoridade de M. Weber.
- Fai a modo de complemento as actividades sobre democracia e estado de dereito presentes no enlace.
- Fai un resumo das ideas desenvolvidas nas teselas do filósofo Gustavo Bueno tituladas “Qué es la democracia” e “Democracia procedimental”.
- A modo de repaso resposta o test de filosofía política.
- Recapitulación sobre ideoloxías políticas: explica a clasificación do espectro político; explica para elo os conceptos de dereita política e esquerda política. Outras clasificacións interesantes que podes consultar voluntariamente son o gráfico de Nolan e o gráfico de Pournelle.
-
Bloque introductorio sobre as orixes, as ramas e os periodos históricos da filosofía.
-
Escoita con atención os dous enlaces, que tratan sobre a emisión dun programa da emisora de radio CBS de Nova Iork o 30 de outubro de 1938, no que o director de cine americano Orson Welles emitía unha versión dramatizada da novela "The War of The Worlds", do escritor británico H.G. Wells.
Despois escribe un resumo do que escoitaches que ocupe unha extensión entre 10 e 15 liñas.
-
Descarga e imprime o documento. Debes telo sempre contigo nas clases para estudiar e facer as actividades.
-
ACTIVIDADES:
- Explica o significado da palabra "filosofía".
- Contrapón as características das explicacións pre-racionais (mitos) ás das explicacións racionais (logos) que aparecen desde o século VI a.C. en Grecia.
- Enche os ócos deste texto de Aristóteles onde explica a orixe da filosofía e logo cópiao na tua libreta.
- Explica a distinción de Aristóteles entre "saberes teóricos", "saberes prácticos" e "saberes produtivos" co seguinte enlace.
- Despois de consultar o significado do termo grego "skholè" e da súa tradución latina "otium" explica qué relación pode haber entre o concepto aristotélico dos saberes teóricos como saberes "libres", a "escola" e o "tempo libre".
- Le con atención e suliña as ideas principais do apartado "1.4. As disciplinas filosóficas". Fai un esquema do apartado onde resumas en duas ou tres liñas o contido de cada unha delas.
- Contrasta o teu esquema co seguinte video, engadindo algunha rama se falta.
- Anota a que rama da filosofía corresponde cada unha das cuestións.
- Enche os ócos deste texto que trata sobre a diferenza entre a filosofía e outros saberes. Anota na túa libreta as cuestións filosóficas e razoa a que rama corresponde cada unha.
- Le con atención e suliña as ideas principais do apartado "1.3. O saber filosófico a través da súa historia". Elabora un cadro nunha ou varias follas en horizontal con tres columnas, sendo a do medio o triple de ancha que as outras dúas . Na primeira columna vai escribindo, para cada periodo da historia da filosofía, unha lista por orde cronolóxica co nome dos autores/correntes máis salientables, indicando o seu século correspondente. Na segunda columna pon ao carón de cada autor/corrente a cuestión ou cuestións principais das que se ocupou. Na terceira columna identifica a rama da filosofía correspondente a cada unha desas cuestións.
- Mira o seguinte video para correxir a información do teu cadro da Historia da filosofía.
- Anota as tres respostas que Enric Gel ofrece no seu video "¿Para qué serve a filosofía?". ¿Algunha delas correspóndese co contido do apartado "1.6. Vixencia e utilidade da filosofía"? Razoa a resposta.