Os materiais do tema están dispoñibles nos documentos de arriba. Hai varios fragmentos de películas para analizar e o documento en PDF titulado  Filosofía política. Asimesmo achego enlaces para ampliar información.

Cada unha das teorías políticas será presentada por un membro da clase nunha exposición oral de un mínimo de 5 minutos e un máximo de 10. O profesor indicará ao inicio do tema que teoría deberá expoñer cada alumno. Dita exposición será valorada con 1 punto sobre a nota da avaliación. Os materiais para preparar a exposición son: o apartado correspondente dos documentos Filosofía política e o ENLACE DE AMPLIACIÓN indicado para cada teoría. Para consultar conceptos cos que se teñas dúbidas recoméndanse os recursos do inicio da aula virtual: o diccionario Webdianoia e a enciclopedia Herder.

Cada alumno debe elaborar un guión da súa exposición que enviará ao profesor (ferprada@edu.xunta.gal) co titulo "GUION_TEORIA_1BacX" (indicando o apartado traballado e grupo de que se trate). O guión será proxectado na pantalla durante a exposición. O alumno/a poderá empregar unha copia impresa do mesmo namentres expón o tema. Ao remate da exposición deberá concluir resumindo as ideas principais.

A rúbrica empregada para a corrección por parte do profesor está dispoñible no documento "Rúbricas de corrección" ao inicio da Aula virtual (trátase da rúbrica EXPOSICIÓN), e tamén ao inicio do tema.

A distribución das exposicións segue a orde de lista do alunado, tal como figura no documento ao inicio do tema.

ACTIVIDADES

  1. Fai un esquema dos apartados "Formas de organización social" e "Orixe e características do Estado moderno". ENLACE DE AMPLIACIÓN: explica o concepto de "monopolio da violencia lexítima" como característica do Estado moderno.
  2. Fai un esquema do apartado "A xustiza" (pp. 274-275). ¿Corresponde a distribución das partes da polis coa distribución das partes da alma en Platón? Razoa a resposta.
  3. Fai un esquema do apartado "O ben común". Copia e enche os ócos do texto no que Aristóteles explica por que o home é un "zôon politikon". ¿Correspóndese coa teoría do apartado?
  4. Fai un esquema do apartado "Maquiavelo: ciencia política e Estado nacional". Identifica as cualidades do príncipe no capítulo XVIII de El Príncipe
  5. Fai un esquema do apartado "Hobbes: lo civil y el Estado". Resposta as tres preguntas do texto do final do apartado. Despois enche os ócos deste texto e compárao coas túas respostas.
  6. Fai un esquema do apartado "Locke: o Estado liberal". Resposta as dúas preguntas do texto do final do apartado. Despois enche os ócos deste texto e compárao coas túas respostas.
  7. Fai un esquema do apartado "Rousseau: a vontade xeral". Resposta a pregunta do texto da marxe.
  8. Fai un esquema do apartado "As correntes igualitarias" (ata o socialismo utópico). ENLACES DE AMPLIACIÓN: o pensamento do tecnócrata Saint-Simono pensamento do utópico Fourier.
  9. Fai un esquema do apartado "As correntes igualitarias. O comunismo; o anarquismo". ENLACES DE AMPLIACIÓN: o pensamento do mutualista Proudhono pensamento marxista (céntrate no apartado 3: crítica da economía política burguesa).
  10. Fai un esquema do apartado "A democracia: desenvolvemento histórico e fundamentación filosófica".
  11. Resume as características do totalitarismo (os dous primeiros apartados); distíngueo do autoritarismo.
  12. Fai un esquema do apartado "A loita pola igualdade e o movemento feminista (A, B, C, D,E).
  13. Fai un esquema do apartado "A loita pola igualdade e o movemento feminista (F, G, H, I).
  14. Explica o conflicto de intereses económicos presentes no fragmento da película Las uvas de la ira dispoñible arriba.
  15. Explica as formas de lexitimación da autoridade según o sociólogo Max Weber. Completa a información coa táboa e explica un exemplo histórico de cada tipo.
  16. Describe pormenorizadamente o que sucede nas escenas de Los dientes del diablo dispoñibles arriba. 
  17. Redacta un ensaio onde analices o conflicto entre Inuk e o policía empregando a teoría das tres formas de lexitimación da autoridade de M. Weber.
  18. Fai a modo de complemento as actividades sobre democracia e estado de dereito presentes no enlace.
  19. Fai un resumo das ideas desenvolvidas nas teselas do filósofo Gustavo Bueno tituladas “Qué es la democracia” e “Democracia procedimental”.
  20. A modo de repaso resposta o test de filosofía política.
  21. Recapitulación sobre ideoloxías políticas: explica a clasificación do espectro político; explica para elo os conceptos de dereita política e esquerda política. Outras clasificacións interesantes que podes consultar voluntariamente son o gráfico de Nolan e o gráfico de Pournelle.
Última modificación: luns, 16 de marzo de 2026, 11:32 AM