Tema 6. Ética
Os materiais do tema están dispoñibles nos documentos de arriba. Hai varios fragmentos de películas para analizar e os documentos en PDF titulados Principais teorías éticas e Cómic sobre teorías éticas. Asimesmo achego enlaces para ampliar información.
Cada unha das teorías éticas será presentada por un membro da clase nunha exposición oral de un mínimo de 5 minutos e un máximo de 10. O profesor indicará ao inicio do tema que teoría deberá expoñer cada alumno. O listado de exposicións está no documento Distribución das exposicións orais de ética e política entre o alumnado. As dúas primeiras exposicións serán o luns 13 de abril (1ºB e 1ºC) e o martes 14 de abril (1ºA).
Dita exposición será valorada con 1 punto sobre a nota da avaliación. Os materiais para preparar a exposición son: o apartado correspondente dos documentos Principais teorías éticas e o ENLACE DE AMPLIACIÓN indicado para cada teoría. Para consultar conceptos cos que se teñas dúbidas recoméndanse os recursos do inicio da aula virtual: o diccionario Webdianoia e a enciclopedia Herder.
Cada alumno debe elaborar un guión da súa exposición que enviará ao profesor (ferprada@edu.xunta.gal) co titulo "GUION_TEORIA_1BacX" (indicando o apartado traballado e grupo de que se trate). O guión será proxectado na pantalla durante a exposición. O alumno/a poderá empregar unha copia impresa do mesmo namentres expón o tema. Ao remate da exposición deberá concluir resumindo as ideas principais.
A rúbrica empregada para a corrección por parte do profesor está dispoñible no documento "Rúbricas de corrección" ao inicio da Aula virtual (trátase da rúbrica EXPOSICIÓN), e tamén ao inicio do tema.
A distribución das exposicións segue a orde de lista do alunado, tal como figura no documento ao inicio do tema.
ACTIVIDADES
- Mira os fragmentos da película Gracias por fumar “Presentación” e “Clase”. Escribe os argumentos que Nick Naylor emprega para defender o uso do tabaco. Escribe a túa resposta razoada a esta pregunta: ¿Parécenche bos argumentos?
- Explica a estratexia que Nick Naylor describe no diálogo co seu fillo no fragmento “Como vencer nun debate”. Dá a túa opinión razoada.
- Pon un exemplo de acto moral e distingue as súas cinco fases.
- Explica cun exemplo o que significa "acatar libre e conscientemente as normas morais".
- Desenvolve un exemplo de conflicto de conciencia por ter que escoller entre normas incompatibles.
- Fai un cadro onde contrapoñas as características das normas morais e das normas xurídicas. Pon un exemplo de cada unha.
- O exemplo de norma moral que escolliches na actividade anterior, ¿en que se fundamenta? ¿Cumpre as características que indicaches no cadro? Razoa a resposta.
-
Ademáis de normas morais e xurídicas hai normas técnicas ou instrumentais (p.ex. lavar por separado as prendas brancas e de cor) e normas sociais ou de cortesía (p.ex. dicir "por favor" e "gracias" cando se solicita algo a alguén). Engade estas dúas últimas ao cadro da actividade 6 especificando tamén as súas características.
- Despois de ler o seguinte enlace explica a diferenza entre os “feitos” e os “valores” e a diferenza entre os xuizos de feito e os xuizos de valor. A palabra “valor” ten moitos usos e sinónimos. Despois de facer as actividades interactivas sinala alomenos tres usos diferentes e tres sinónimos da palabra.
- Contrapón o absolutismo e o relativismo moral e explica o seu conflicto cun exemplo.
- Analiza con atención o fragmento da película El método sobre “A expulsión de Julio”. Resume os argumentos de Julio, Nieves e Carlos do modo máis detallado posible. Debes empregar na túa argumentación os termos "axente", “responsabilidade”, "normas", “valores”, "intencións", "fins", "resultados", "consecuencias".
- Fai un esquema da teoría ética dos sofistas (relativismo). ENLACE DE AMPLIACIÓN: caracterización dos sofistas e Protágoras de Abdera.
- Fai un esquema da teoría ética de Sócrates (intelectualismo socrático). ENLACE DE AMPLIACIÓN: Vida e método de Sócrates.
- Le o cómic sobre teorías éticas pp. 135-144; ENLACE DE AMPLIACIÓN: Dilema de Eutifrón.
- Fai un esquema da teoría ética de Platón (intelectualismo platónico). Explica a alegoría do carro alado e engade a virtude propia de cada parte da alma . ENLACE DE AMPLIACIÓN: Video sobre mito do carro alado.
- Fai un esquema da teoría ética de Aristóteles (eudemonismo). Elabora unha táboa onde distingas as virtudes mencionadas na fotocopia cos seus vicios por defecto e por exceso. ENLACE DE AMPLIACIÓN: A teoría ética aristotélica.
- Fai un esquema da teoría ética dos estoicos (estoicismo). Busca información sobre a vida e morte de Sócrates e de Séneca. ¿Poderíamos afirmar que morreron estoicamente? Razoa a resposta. ENLACE DE AMPLIACIÓN: Caracterización do estoicismo.
- Fai un esquema da teoría ética dos epicúreos (hedonismo epicúreo). ENLACE DE AMPLIACIÓN: Caracterización do epicureismo.
- Fai un esquema da teoría ética de S. Tomé de Aquino (iusnaturalismo ético). Resume o texto 13 (p. 80) seguindo a súa estructura de modo que expliques coas túas palabras cada párrafo. ENLACE DE AMPLIACIÓN: Lei natural.
- Fai un esquema da teoría ética de Hume (emotivismo. HAI ALGUNHAS ERRATAS NO TEXTO). Pon exemplos do que di o autor inventados por ti. ENLACE DE AMPLIACIÓN: explica a diferenza entre o emotivismo relativista actual e o emotivismo universalista de Hume.
- Fai un esquema da teoría ética de Kant (formalismo). ENLACE DE AMPLIACIÓN: Explica a fórmula do imperativo categórico empregando dous exemplos.
- Fai un esquema da teoría ética de Stuart Mill (utilitarismo). ENLACE DE AMPLIACIÓN: Caracterización do utilitarismo.
- Describe detalladamente a escena do cómic sobre teorías éticas pp. 145-157 na que Stuart Mill lanza o flotador ao fillo do tendeiro que está afogando. ¿Trátase dun exemplo de formalismo kantiano ou de utilitarismo? Razoa a resposta.
- Fai un esquema da teoría ética de Nietzsche (vitalismo). ENLACE DE AMPLIACIÓN: Caracterización da moral de señores/escravos.
- Regresa ao Tema 3. Metafísica, apartado "Determinismo e liberdade". Fai un resumo do apartado, de modo que expliques a importancia do determinismo para a ética, e desenvolvas a diferenza entre liberdade de/liberdade para.
- Fai un esquema da teoría ética de Sartre (existencialismo). ENLACE DE AMPLIACIÓN: Caracterización da ética de Sartre.
- Mira os fragmentos da película "Eduardo Manostijeras" dispoñibles arriba. Describe pormenorizadamente a escena da discusión na cea. Os argumentos presentados, ¿gardan relación con algunha/s da/s teoría/s éticas presentadas no tema? Indica cal/es e razoa a túa resposta.
- A páxina de Moral Machine elaborada polo MIT (Massachusetts Institute of Technology) presenta dilemas moi interesantes enfocados á toma de decisión de coches autónomos. Preme ne "Comenzar a juzgar" e escolle unha alternativa das dúas que se che presentan cada vez. Ao remate anota na túa libreta a túa puntuación en cada un dos apartados. Se queres podes deseñar novas posibilidades e compartilas cos outros usuarios.
Os materiais do tema están dispoñibles nos documentos de arriba. Hai varios fragmentos de películas para analizar e os documentos en PDF titulados Principais teorías éticas e Cómic sobre teorías éticas. Asimesmo achego enlaces para ampliar información.
Cada unha das teorías éticas será presentada por un membro da clase nunha exposición oral de un mínimo de 5 minutos e un máximo de 10. O profesor indicará ao inicio do tema que teoría deberá expoñer cada alumno.O listado de exposicións está no documento Distribución das exposicións orais de ética e política entre o alumnado. As dúas primeiras exposicións serán o luns 13 de abril (1ºB e 1ºC) e o martes 14 de abril (1ºA).
Dita exposición será valorada con 1 punto sobre a nota da avaliación. Os materiais para preparar a exposición son: o apartado correspondente dos documentos Principais teorías éticas e os ENLACES PARA EXPOSICIÓN ORAL indicados para cada teoría. Para consultar conceptos cos que se teñas dúbidas recoméndanse os recursos do inicio da aula virtual: o diccionario Webdianoia e a enciclopedia Herder.
Cada alumno debe elaborar un guión da súa exposición que enviará ao profesor (ferprada@edu.xunta.gal) co titulo "GUION_TEORIA_1BacX" (indicando o apartado traballado e grupo de que se trate). O guión será proxectado na pantalla durante a exposición. O alumno/a poderá empregar unha copia impresa do mesmo namentres expón o tema.
Ao remate da exposición deberá concluir resumindo as ideas principais.