ACTIVIDADES:

  1. Explica o significado da palabra "filosofía".
  2. Contrapón as características das explicacións pre-racionais (mitos) ás das explicacións racionais (logos) que aparecen desde o século VI a.C. en Grecia.
  3. Enche os ócos deste texto de Aristóteles onde explica a orixe da filosofía e logo cópiao na tua libreta.
  4. Explica a distinción de Aristóteles entre "saberes teóricos", "saberes prácticos" e "saberes produtivos" co seguinte enlace.
  5. Despois de consultar o significado do termo grego "skholè" e da súa tradución latina "otium" explica qué relación pode haber entre o concepto aristotélico dos saberes teóricos como saberes "libres", a "escola" e o "tempo libre".
  6. Le con atención e suliña as ideas principais do apartado "1.4. As disciplinas filosóficas". Fai un esquema do apartado onde resumas en duas ou tres liñas o contido de cada unha delas.
  7. Contrasta o teu esquema co seguinte video, engadindo algunha rama se falta.
  8. Anota a que rama da filosofía corresponde cada unha das cuestións.
  9. Enche os ócos deste texto que trata sobre a diferenza entre a filosofía e outros saberes. Anota na túa libreta as cuestións filosóficas e razoa a que rama corresponde cada unha.
  10. Le con atención e suliña as ideas principais do apartado "1.3. O saber filosófico a través da súa historia". Elabora un cadro nunha ou varias follas en horizontal con tres columnas, sendo a do medio o triple de ancha que as outras dúas . Na primeira columna vai escribindo, para cada periodo da historia da filosofía, unha lista por orde cronolóxica co nome dos autores/correntes máis salientables, indicando o seu século correspondente. Na segunda columna pon ao carón de cada autor/corrente a cuestión ou cuestións principais das que se ocupou. Na terceira columna identifica a rama da filosofía correspondente a cada unha desas cuestións.
  11. Mira o seguinte video para correxir a información do teu cadro da Historia da filosofía.
  12. Anota as tres respostas que Enric Gel ofrece no seu video "¿Para qué serve a filosofía?". ¿Algunha delas correspóndese co contido do apartado "1.6. Vixencia e utilidade da filosofía"? Razoa a resposta.
Última modificación: mércores, 10 de setembro de 2025, 4:38 PM