Xa que falamos de grafitis e de esculturas de xeo que vos parece esta nova corrente "artística" que cambia lavar o coche por convertilo no lienzo dunha obra. Eu creo que pode ser considerado arte, un arte efímera coma as estatuas de xeo ou as de area.
Aquí vos deixo a ligazón
E falando de coches. Todos os coches parten dun deseño, coma os traxes de alta costura, nalgúns premia moito máis os rasgos estéticos e a transmisiónd e "emocions" como agresividade, verstilidade etc.... Creedes que os coches de alta gama , os que están diseñados para parecer maravillosos (noutros o único que premia e o baixo custo e que sexan prácticos) os considariades obras de arte??. Por exemplo o deseñador do novo audi A5 declarou que chegara o cumio da súa carreira con ese diseño (aparte das prestacións do coche); el non pensa no coche coma máquina sinon coma unha escultura.
Na miña opinión creo que os coches non sobrepasan a franxa do arte, pero si creo que algún de deseño estan feitos para apasionar (e non únicamente para correr).