Ao igual que as fotos das esculturas de xeo, estas tamén chamáronme moitisimo a atención. Descoñecía estas "prácticas" e eu considero que si pódense atopar baixo o termo arte, aínda que coma ben dis, arte efímera.
Supoño que require dunha gran técnica e paciencia... É sorprendente coma chega mesmo a coidar os detalles máis pequenos.
Respecto ao de considerar os coches coma arte, é algo bastante complexo, xa que teríamos que aclarar se o fabricado industrialmente, o preparado para ser creado en serie, é arte. Contestaríamos así a unha das preguntas que propón a profesora noutro apartado... De momento eu non me arrisco a contestar e adoptar unha postura fixa, mais se tivese que facelo de momento diría que non.