Non oíra falar desta práctica e a verdade é que, aínda que neste caso o "material" empregado sexa a suciedade (algo completamente inusual e que á vez o fai máis interesante), creo que son verdadeiras obras de arte.
Respecto aos coches, eu penso que os de alta gama poden considerarse arte. Cando paseas pola rúa e ves pasar un cochazo deses quedas asombrado coa estética, elegancia e beleza que transmiten. O problema é que son escasos os que poden alcanzar ese tipo de coches. Ademais fanse exposicións deles coma se fosen cadros ou esculturas, así que, por que non?