Benquerido alumnado:
Esta mensaxe titúlase así, porque con respecto ás vellas tarefas, funcionou moi ben a primeira, da que tiven unha ampla resposta de case todo o alumnado, con moi bos traballos; pero á segunda, a día de hoxe, só tres alumnas me responderon.
Daquela, pensei esperar, coma Penélope, a ver se aínda estabades a tecer a vosa recensión teatral. Como vexo, que xa é moito o tempo de espera. Enviarei unha terceira e nova tarefa. Publicareina mañá, posto que agora en 2º de bacharelato temos como norma que se publiquen as tarefas semalmente os martes.
Como ben podedes intuír, a realización destas tarefas está encamiñada a obter a máxima nota nesta materia.
Saúdos e saúde a tod@s