Section outline

    • Entrevista da nosa alumna de 4º da ESO, Mariña Maceiras Segovia a Ledicia Costas no Salón do libro, acompañada tamén pola escritora Eva Mejuto

    • Baseándonos no guión elaborado polo departamento de Lingua Castelá e Literatura sobre Malala (está colgado máis abaixo), o alumnado de 3ºSO creou este podcast en lingua galega. Neste caso temos un único arquivo, no caso do do departamento de Lcelit, son dous.

    • O alumnado de 3ºESO levou a cabo estas entrevistas de ficción a mulleres relevantes.  A actividade tiña carácter interpretativo, en cada grupo, un dos membros tiña que interpretar á personaxe escollida e o resto, facíanlle preguntas para dala a coñecer. Esta carpeta contén as entrevistas a: Concepción Arenal, Frida Kahlo, Maruja Mayo, Manedeline Vionnet e Cocó Chanel.

    • Esta carpeta contén as entrevistas a:  Michelle Obama, Zendaya, Rosalía de Castro, Virginia Wolf

    • Selección das presentacións orais sobre escritoras galegas levadas a cabo polo alumnado de 1º da ESO. Estes compañeiros e compañeiras preséntannos a: Berta Dávila, Eli Ríos, Enma Pedreira, Inma López Silva, Lorena Conde e Marilar Alexandre.

    • Esta actividade, realizada tanto en 1º, 2º e 3º da ESO, achéganos á ruptura de prexuízos porque a cociña non é só para as nais. Pretendíase que o alumnado colaborase cos seus pais e titores na realización dunha receita amosándonos que todos e todas podemos desenvolver calquera actividade en calquera ámbito, e no ámbito do fogar, todos debemos colaborar. Iso si, os nosos cativos e cativas sonche ben larpeiros porque a maioría botáronse a facer sobremesas. Aquí amosámosvos unha selección: biscoito de iogur, filloas, brownies, tortas americanas, torta da avoa, rolos de polo, pescada...

    • O alumnado de 4º da ESO realizou entrevistas a mulleres da nosa contorna que promocionan dalgún xeito a nosa lingua. A entrevista era común e constaba de 21 preguntas nas que se mesturaban, con carácter xeral, cuestións que incidían na igualdade, no uso do galego e no feito de ser muller. Conseguiron achegarnos as opnións de máis de 20 persoeiras, ben da nosa cidade, ben que tivesen un vínculo moi estreito coa mesma. Estas entrevistas realizáronse tanto en formato de audio como audiovisual.

      Aquí deixamos o nome das entrevistadas:

      Tareixa

      Alonso

      Tamara

      Campos

      Conchi Cochón

      Pilar Fdez

      Pilarín

      Inés Lobeira

      Luz Gallego

      Susana Pedreira

      Beatriz

      Trillo

      María Campos

      Belén Herrero

      Manuela Rguez.

      Lorenzo

      Marila Dios Rodiño

      Begoña Mtz.

      Ana Isabel Glz.

      Luísa

      Márquez

      Alba Cuba

      Anxos Sobrino

      Rosa Carballeira Cortizo

      Daniela Puga

      Andrea Baller

      Susana Sueiro

      Daniela Puga

      Ledicia Costas

      Nesta carpeta amosamos algunhas destas entrevistas de xeito íntegro.  Non se puideron realizar de xeito presencial por causas de prevención sanitaria. Están, ben en formato audio, ben en formato vídeo.

    • A segunda parte do traballo consistía en analizar as entrevista dende a perspectiva de igualdade de xenero e sociolingüística. Alén disto, o alumnado tiña que seleccionar os framentos de máis interese que falasen de lingua e igualdade, e crear uns titulares.

      Aquí, amosamos un par de exemplos das análises, a da militar Daniela Puga e a da escritora Ledicia Costas.

    • Na carpeta, achegamos algunhas das conclusións que o alumnado quitou das entrevistas. Neste caso temos os grupos que traballaron a: Alba Cuba, Pilarín, Anxos Sobriño, Belén Herrero, Ana Isabel González e María Campos.

      Tamén achegamos o enlace ao vídeo -resumo das actividades do primeiro trimestre do proxecto en xeral. Foi, ademais,  o vídeo de centro no programa de inmersión lingüística 21 Días co galego e +!. Nel podemos ver a presentación de 5 entrevistadas coa súa biografía, os titulares máis relevantes que o alumnado seleccionou da entrevista, e as súas conclusións. Son Tamara Campos, Tareixa Alonso, Beatriz Trillo, Luísa Márquez.

      Vídeo 1 Entre Donas ás beiras do Lérez

      Estamos a piques de rematar de montar os dous que nos faltan.

    • Neste cartafol achegamos: as 21 preguntas, a infografía da entrevista, e o desenvolvemento completo da actividade.

    • Amosamos algúns dos traballos presentados de xeito optativo polo alumnado en formato pocast para dar coñecer a Xela Arias  homenaxeada das Letras Galegas este curso.