Section outline

    • Unidade didáctica en formato genial.ly que nos dá a coñecer o papel que desenvolveron as mulleres ao longo da historia. Como sabemos, a muller foi silenciada dos libros de historia e pode parecer que os protagonistas sempre son homes, pero sabemos que iso non é así. Esta unidade pretende dar relevancia á muller e estúdanse cales son as novas investigacións sobre o papel da muller no mundo antigo.

    • O departamento de historia levou a diante esta actividade para dar a coñecer o papel das mulleres durante a Revolución Francesa. Aproveitando que había unha lectora de francés no centro, fíxose unha presentación en francés-galego-castelán (a lectora non sabía galego) que foi a base dunha presentación oral trilingüe, que non se puido gravar. Achegamos o pdf coa presentación.

    • Selección das mellores presentacións sobre as mulleres nas Vangardas pictóricas, realizadas polo alumnado de 4ºESO. Expuxéronas na clase mais non se gravaron. Aquí achegamos os power points de apoio que utilizaron para as exposicións orais.