Section outline
-
PROXECTO MULLERES NA CIENCIA: o proxecto foi realizado durante os meses de xaneiro e febreiro do 2021 rematándoo a semana 8 ó 12 de febreiro co fin de celebrar o Día Internacional da Nena e a Muller na Ciencia (11 de febreiro). O proxecto foi desenvolto en 4 grupos de 1º ESO e en 8 grupos de 3º ESO alcanzando unha participación de 202 alumnos. O proxecto desenvolveuse de forma multidisciplinar entre as materias de Bioloxía e Xeoloxía e Tecnoloxía, temporalizouse o longo de 4 sesións de clase onde se realizaron as seguintes tarefas:
• Sesión 1: desenvolveuse na aula de informática ou con Edixgal. O alumnado escolleu unha científica ( non se podían repetir científicas) e tiñan que cubrir un guión cos datos máis relevantes de cada investigadora facendo unha búsqueda en internet.
• Sesión 2 e 3: desenvolveuse na aula de informática ou con Edixgal. O alumnado elaborou unha presentación, un poster, unha imaxe interactiva, unha gamificación ou unha infografía mediante o Genyally ( 3º ESO) ou co Canva ( 1º ESO)
• Sesión 4: desenvolveuse na aula de referencia. O alumnado expuso o seu traballo oralmente o resto da aula. O desenvolvemento da unidade didáctica, os recursos empregados e os productos obtidos do proxecto atópanse evidenciados aquí.