Lingua Galega e Literatura 2BAC_25_26
Section outline
-
DECRETO 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia. (Lingua galega e literatura no apartado 29, do ANEXO II, sobre o currículo das materias)
A seguir, achégovos o Temario de Lingua Galega e Literatura II, correspondente a 2º de Bacharelato. Tamén achego o calendario de exames para todo o curso. Irei engadindo datas de entregas de traballos, comentarios, etc.
DATAS DOS EXAMES
1ª AVALIACIÓN:
1º Exame: 2 BAC B xoves 23 de outubro; 2 BAC A venres 24 de outubro
2º Exame: 2 BAC A martes 18 e venres 21 de novembro
2 BAC B xoves 13 e venres 21 de novembro
Avaliación: mércores 1 de decembro
2ª AVALIACIÓN:
1º Exame: martes 27 de xaneiro A e B (Confirmado con Fran e Iñaki)
2º Exame:
2º BAC A. venres 20 de febreiro (Confirmado. Gundián. Falta Mónica)
2º BAC B: xoves 19 de febreiro (Confirmado con Carme Economía. Falta Rafa Grego)
COMENTARIO DE TEXTO BEGOÑA CAAMAÑO VENRES DÍA 30 DE XANEIRO
Avaliación: luns 2 de marzo3ª AVALIACIÓN:
1º Exame: martes 24 e venres 27 de marzo
2º Exame: martes 28 e mércores 29 de abril (2 BAC A)
martes 28 e xoves 30 de abril (2 BAC B)
* Probablemente nesta 3ª avaliación poidamos facer a proba en dúas horas seguidas. De ser así, quizais teñamos que modificar as datas.
Recuperación (EXAME FINAL ORDINARIO): xoves 7 de maio, de 8:30 a 10h.
AVALIACIÓN FINAL: mércores 12 de maio.
EXAME FINAL EXTRAORDINARIO: martes 2 de xuño, de 8:30 a 10h
AVALIACIÓN FINAL EXTRAORDINARIA: xoves 10 de xuño
Os exames realizaranse na clase ou no Salón de actos. No primeiro e segundo trimestre estas probas realizaranse en dúas sesións de clase. Teredes 45 minutos para completar cada unha das partes (coa excepción do alumnado con adaptación de tempos e/ou probas, que terá máis tempo). No terceiro trimestre trataremos de facer probas de 90 minutos (con adaptación de tempo tamén para quen o precise) co obxecto de reproducir unhas circunstancias máis semellantes á PAU. Informarase nas clases das distintas modalidades de exame, así como doutras posibles probas avaliables.
-
DATAS PAU 2025:
Convocatoria Ordinaria: ....................... de xuño 2026
Convocatoria Extraordinaria:
Marco legar e información sobre cada un dos catro bloques da proba.
Podedes consultar toda a información PAU nesta ligazón. Nela atoparedes os exames das últimas convocatorias (coa súa corrección), os modelos de exame 2025 (ollo que cambiou o concepto xeral de exame: dun máis memorístico a outro máis competencial) cos seus criterios de corrección, e e os horarios de todas as probas.
Tamén vos deixo a ligazón a estoutra web (chea de recursos) que vos pode ser de axuda.
-
-
-
Planificación lingüística en Galicia. Resumo.
-
-
-
Aquí irei subindo os temas de Lingua e sociedade. Irémolos dando seguindo a orde cronolóxica que consideramos que mellor acae para o seguimento da parte literaria. Non todos os temas que daremos neste apartado entran no temario PAU, mais no arquivo da organización do curso xa se indican cales entran e cales non.
-
Abertas: martes, 3 de decembro de 2024, 10:00 AMPendente: martes, 10 de decembro de 2024, 8:00 PM
-
O temario de literatura comprende 12 temas que repasan a literatura galega desde 1916 até a actualidade. En principio, este temario darémolo por orde. E, a canda os temas, achegaremos arquivos (ou ligazóns) cos textos máis representativos. Tamén achegaremos exemplos / modelos de comentarios. Mais lembrade que non hai modelos fechados, cómpre ler ben os enunciados e contestar ao que se vos pregunte. E ollo, que adoitan ser enunciados complexos con varias cuestións.
A esmorga, Eduardo Blanco Amor
Memorias dun neno labrego, Xosé Neira Vilas
Merlín e familia, Álvaro Cunqueiro
-
En 2º de Bacharelato faise un repaso da Lingua Galega en todos os aspectos (que poden ser obxecto de pregunta de exame): fonética, semántica, morfoloxia, sintaxe...
O documento de referencia serán as NORMAS ORTOGRÁFICAS E MORFOLÓXICAS DO IDIOMA GALEGO.
A seguir achegamos algúns arquivos de repaso (textos teóricos e exercicios) que vos poden ser de utilidade.
Estes contidos traballaranse todo ao longo do curso.
1. O VERBO
Na ligazón atoparedes a información necesaria arredor do verbo: conxugación regular, irregular, verbos con alternancia vocálica, infinitivo conxugado, perífrases, morfoloxía verbal... Lémbrovos que o dicionario da RAG ofrece a positibilidade de conxugar calquera verbo. A maiores, aquí vos deixo un Ximnasio de verbos para que exercitedes os que teñen alternancia vocálica, nunha web que vos sinala a abertura da vogal (para aqueles que non esteades tan familiarizados/as coa Lingua Galega). Ánimo e a sacar músculo verbal!
2. O PRONOME
Ademais da ampla teoría que tedes na ligazón de arriba, aquí tedes exercicios sobre a colocación do pronome átono (nos que máis adoitades fallar) cos que podedes practicar o aprendido. Nestoutra ligazón, podedes atopar máis información, en xeral, sobre o pronome e, en parcticular, sobre o uso do pronome se en galego.
3. A ACENTUACIÓN
Na ligazón de arriba podedes repasar toda a teoría sobre a acentuación, incluídos casos especiais que adoitan ofrecer dúbidas, e o acento diacrítico, que constitúe unha falta grave nos exames. E unha vez feito o repaso teórico, podedes facer a práctica aquí, por exemplo.
4. O SUBSTANTIVO E O ADXECTIVO
Na ligazón atoparedes un repaso da teoría do substantivo (formación do feminino e do plural) e do adxectivo (formación do feminino, formación do plural e gradación). E aquí tedes exercicios para practicar.
5. O ADVERBIO. Aquí tedes unha ligazón con teoría do adverbio. Nos documentos de abaixo tendes exercicios.
6. A PREPOSICIÓN. Aquí tedes unha ligazón con teoría e práctica da preposición e locucións propositivas.
MORFOLOXÍA: ademais das fotocopias que dei na clase, achego exercicios, e máis exercicios de segmentación morfolóxica e indicar o valor de cada morfema. E modelos de exame ABAU con preguntas de morfoloxía.
SINTAXE: ademais das fotocopias que vos dei na clase, achego aquí explicacións e exercicios de sintaxe. E aquí unhs prácticas de sintaxe para a ABAU. -
A seguir achegamos un documento que vos pode ser de utilidade para resolver a primeira pregunta do exame PAU. Nel sintetizamos como facer un esquema, un resumo, como indicar o tema dun texto ou como poñerlle título. Estas destrezas porémolas en práctica todo ao longo do curso.
Tamén indicamos como facer definicións, que é outra das preguntas que adoitan aparecer nesta primeira parte.
-
A seguir ofrecemos indicacións de como facer un comentario crítico sobre un tema, ao tempo que ofrecemos temas e exemplos. Esta destreza, que vos piden na terceira pregunta do exame, porémola en práctica todo ao longo do curso.
Para poder ter opinión crítica hai estar ao día dos temas do momento (que adoitan ser os que escollen para as probas PAU). De aí que vos recomendemos vivamente a lectura de publicacións en galego de todo tipo: xornais, revistas, blogs especializados, etc. A seguir indicámosvos algúns que consideramos que vos poden ser de interese:
Nós Diario: é o único xornal en galego que se pode atopar nos quioscos en papel. No IES témolo e podedes lelo na cafetaría, así como coller os seus suplementos culturais na mesa da entrada (a carón da porta).
Outros xornais en galego que poden lerse en liña son: Praza Pública e Galicia Confidencial. Tamén teñen versións en galego, xornais de ámbito estatal, como O Salto.
Outras páxinas de intertese son a de Cultura Galega, a revista Luzes ou o blog Galicia Ciencia.
E aquí iremos deixando algúns ARTIGOS RECENTES / entrevistas / noticas destacadas cuxa lectura recomendo de maneira destacada:
Estereotipos sobre os emigrantes galegos en Arxentina (entrevista)
Nova enquisa do IGE sobre o uso do galego
Entrevista a Carlos Callón: "Non se pode ir en contra da xente que fala castelán!"
Quem quere ser refugiada lingüística? Artigo de opinión de Susana Álvarez en O Salto
A RAG alerta de que o galego está preto do "limiar do colapso", Praza pública.
Os "influencers" galegos que máis fan pola lingua, La Voz de Galicia.
Da sección feminina do franquismo ao Cancioneiro Popular Galego: o pobo é quen canta e baila. O Salto
Castelao fíxonos e fainos galegos, La Voz de Galicia
A síndrome do impostor no neofalante, Praza pública
-
DA TERRA ASOBALLADA, Ramón Cabanillas
DE CATRO A CATRO, Manuel Antonio
COUSAS, Castelao
OS VELLOS NON DEBEN DE NAMORARSE, Castelao
OS CAMIÑOS DA VIDA, Ramón Otero Pedrayo
LONGA NOITE DE PEDRA, Celso Emilio Ferreiro
A ESMORGA, Eduardo Blanco Amor
DONA DO CORPO DELGADO, Álvaro Cunqueiro
MEMORIAS DUN NENO LABREGO, Xosé Neira Vilas
CON PÓLVORA E MAGNOLIAS, Xosé Luís Méndez Ferrín
ADIÓS, MARÍA, Xohana Torres
AMOR DE TANGO, María Xosé Queizán
POLAROID, Suso de Toro
O LAPIS DO CARPINTEIRO, Manuel Rivas
-
Abertas: luns, 23 de setembro de 2024, 12:00 AMPendente: domingo, 24 de novembro de 2024, 12:00 AM
Na primeira avaliación tedes que facer unha reseña en audio (ou vídeo, se o preferides) sobre un dos libros recomendados do século XX. Tedes que ler o libro enteiro, mais logo a reseña pode ser sobre unha parte (un poema, un fragmento) ou un aspecto do libro (a localización, a temporización, algún dos personaxes...).
Ante todo, ten que ser unha reflexión orixinal (por favor, nada de buscas en internet ou axudas artificiais): calquera sospeita de copia invalidará a proba. A profesora verificará, se o considera, a lectura.
A gravación ten que ser breve (un ou dous minutos son suficientes) e ten que ser adecuada ao nivel educativo: espérase e valorarase a fondura na reflexión e a corrección na expresión.
Facede a tarefa usando a gravadora da propia aula virtual.
-
-
PARA O CONTEXTO DA GALIZA DA PRIMEIRA METADE DO SÉCULO XX
Mamasunción, de Chano Piñeiro
Sempre Xonxa, de Chano Piñeiro
PARA O CONTEXTO DA GUERRA CIVIL E A POSGUERRA
O lapis do carpinteiro, de Antón Reixa
A esmorga, de Ignacio Vilar
PARA O CONTEXTO DA GALIZA DOS ANOS 80 E O NARCOTRÁFICO
Fariña, serie baseada no libro homónimo de Nacho Carretero