Normalizando o comercio de Redondela (tarefa voluntaria da 2ª avaliación)
Requisitos do completado
Achégase o nadal e adoitan aumentar as compras. Algunhas delas, de seguro, farémolas no comercio local de Redondela. A Asociación de Empresarios da vila ten o galego como lingua de relación coa clientela mais, é iso así? Fálanlles os nosos comerciantes en galego á súa clientela? E, sobre todo, escriben en galego nos seus comercios? Teñen bolsas, rótulos, etiquetas de agasallo, tickets de compra... en galego?
Anímovos a que procuredes no comercio local establecementos que promovan a Lingua Galega, contribuíndo así á súa necesaria normalización.
O formato desta tarefa é de Foro, de maneira que cando unha persoa sinale un comercio, ese xa non se poderá repetir por parte do resto de alumnado. Así evitamos redundancias e animamos a busca.
Acadouse a data de corte para a publicación neste foro polo que xa non pode publicar nada.
Non é quen de crear un debate porque non é membro de ningún grupo.
Este foro permítelle a calquera un comezar un tema de debate.
Grupos separados: Todos os participantes
Aínda non hai temas de debate neste foro