Nunha páxina de Moodle poden "empaquetarse" ou presentar agrupados e organizafos contidos e recursos educativos dixitais, como este texto que estás a ler, imaxes, video, audio etc... dun xeito "limpo", é dicir, sen outros elementos que poidan distraer a atanción do alumnado, dándolle unhas instrucións precisas etc...
De seguido podes probar diferentes tipos de recursos dixitais amosados ou "empauetadas" nesta "Páxina":

Inserir imaxes, por exemplo:

ou GIFs:

"Empaquetar" audios tamén é doado para, por exemplo, dar unhas instrucións pedindo que escoiten un audio (MP3) e despois realizar a actividade... Por exemplo

  1. Escoita este audio 
  2. Despois escribe....

Ligar un recurso que teña unha URL propia ou un arquivo flash como este sobre o sistema circulatorio amosándoo nunha xanela emerxente ou amosar un vídeo diretamente na páxina:

É doado amosar vídeos para realizar actividades escolares. Presentalos inseridos na aula virtual elimina distraccións como publicidade, outros vídeos, ligazóns a mil sitios...

Os vídeos de Youtube, Vimeo... son doados de insertar nunha "Páxina". No seguinte exemplo amósase o vídeo sen todas as distraccións ---e tentacións--- que adoita ter Youtube:

E se non dispoñemos do código HTML para "embeber" o vídeo pero si temos a súa URL podemos amosalos nunha xanela emerxente. Por exemplo, este vídeo

https://drive.google.com/file/d/0B4fnOajRpq1IYmFLbkl0TG1SWjg/view podemos amosalo nunha "Páxina" ligado desde un texto ou desde unha imaxe e ao premer nela amosarase o vídeo nunha xanela nova:

Monster madness

En fin, moitas son as posibilidades...

Cumpre ter presente que unha "Páxina" debe ter unha extensión limitada: unha, dúas pantallas, como esta, por exemplo.. Se é necesaria unha extensión maior ... pensa en empaquetalo nun "Libro", que veñen sendo varias páxinas xuntas... nun libro. Pero iso o veremos no seguinte caso práctico.

Last modified: Sunday, 3 May 2020, 11:37 AM