Exemplo de Tarefa con algunha entrega na aula virtual e cualificada con Guía de corrección
Comprobaches nos casos prácticos que a aula virtual é unha canle ideal para transmitir ao alumnado todo tipo de materiais en soporte dixital.
Esta tarefa consiste en engadir a túa aula virtual de prácticas recursos educativos, documentos dixitais etc... de diferente tipo dos que vés usando co teu alumnado, polo menos debes engadir:
- Unha ligazón a un sitio web (URL)
- Un documento en formato PDF (Ficheiro)
- Un cartafol para comparir recursos dixitais como imaxes, documentos... (Cartafol)
- Unha páxina con algúns contidos (Páxina)
- Un libro con varias páxinas (Libro)
- Embeber recursos multimedia na Páxina ou no Libro
Aproveita o tempo empregando recursos dos que vés usando, se non tes ningún a man, colle algún dos dispoñibles no cartafol Recursos para realizar os casos prácticos que está na Zona de mantemento do curso: Imaxes (.png, .jpg, .gif), PDFs, audio (mp3, wma), textos editables (.docx, .odt)
Cando remates a tarefa:
- Abre o teu curso de prácticas
- Copia o seu enderezo electrónico ou URL
- Preme no botón situado debaixo deste texto "Engadir entrega"
- Pega a URL copiada no paso 2
- Garda os cambios
________________________________________________________________________________________________________
Desempeños avaliados: Cara o logro do obxectivo Coñecer e dominar a xestión de aulas virtuais no Moodle do centro, nesta tarefa avalíanse estes desempeños:
- Comparte ligazóns a sitios web.
- Comparte arquivos
- Empaqueta recursos ducativos dixitais como texto, imaxes, vídeo, arquivos, ligazóns web, multimedias etc... en Etiquetas, Páxinas, Libros.
- Insire ou embebe recursos multimedia.
Evidencias da adquisición dos desempeños:
- Amosar na súa aula virtual de prácticas contidos e recursos mediante ligazóns a URLs (URL) e a Documentos (Ficheiro)
- Amosar na súa aula virtual de prácticas contidos e recursos empaquetados nunha Páxina e nun Libro con varias páxinas
- Amosar na súa aula virtual de prácticas contidos multimedia embebidos nunha Páxina ou nun Libro
Indicadores de logro: O teu curso de prácticas debe...
- Ter inserida unha ligazón a un sitio web mediante o recurso URL
- Ter compartido un documento PDF, ou un editable (.odt, .docx...) mediante o recurso Ficheiro.
- Amosar algúns contidos ou recursos educativos empaquetados nun recurso Páxina
- Amosar algúns contidos ou recursos educativos empaquetados en varias páxinas nun recurso Libro
- Amosar recursos multimedia embebidos nunha páxina ou un Iibro
Criterios de corrección:
- De 0 a 3 puntos segundo o nivel de logro se ten unha ligazón URL a un sitio web
- De 0 a 3 puntos segundo o nivel de logro se facilita un arquivo PDF, editable...
- De 0 a 5 puntos segundo o nivel de logro se amosa unha Páxina con contidos e recursos
- De 0 a 6 puntos segundo o nivel de logro se facilita un Libro con contidos e recursos
- De 0 a 8 puntos segundo o nivel delogro se embebe recursos educativos (vídeo, LIM, etc...) nunha páxina ou nun Libro.
Puntuación total 25 puntos.
Autoavaliación: Autoavalía esta tarefa aplicando os indicadores de logro.
Heteroavaliación: A persoa asesora de formación do teu centro avaliará e cualificará a tarefa.
Peso na cualificación:
- Peso desta tarefa na cualificación final ......................................... 25 %
________________________________________________________________________________________________________