CP 2.5 - Empaquetar contidos nunha "Páxina"
"
Páxina" é, xunto con "Libro" o recurso máis usado para "empaquetar" contidos, é dicir para agrupalos organizadamente e amosalo na páxina do curso coma unha unica ligazón. A páxina principal que ven sendo como a índice dun libro: nela engádense os recursos, actividades que se abrirán ao premer neles con algún comentario que guíe e oriente ao alumnado.
Na portada ou páxina do curso non deben engadirse textos máis longos dunha ou dúas liñas (para o que se empregan "Etiquetas", nin amosar vídeos (iso ralentiza a visualización do curso)... Os contidos deben "empaquetarse" cos recursos "Páxina" para unha cantidade de contidos non superior a dúas pantallas. Se os contidos ocupan máis deberemos empregar un "Libro", que ten varias páxinas. E para grandes cantidades de contidos empregaremos empaquetadores de contidos, como eXeLearning.
Informarse e aprender
-
Manual de Moodle 2.6 para el profesor, páxina 127
Pasos para inserir unha "páxina" no curso:
- Entra no teu curso de prácticas para engadir un recurso "Páxina" no tema dos casos prácticos
- Engade unha "Páxina"
- Configúraa. A configuración da páxina de exemplo Empaquetar contidos nunha "Páxina é esta:

- Despraza a nova páxina á sección Informarse e aprender e amosarase algo así:

- Engade contidos á Páxina empregando as iconas do editor:

- Texto, emprega as iconas de edición de texto (nos recadros da imaxe anterior)
- Imaxes, podes inserilas ou ligalas amosándoas nunha xanela nova como esta, por exemplo.
(na zona de mantemento do curso de prácticas, no cartafolRecursos para realizar os casos prácticos atoparás imaxes, audios, documentos de texto, PDFs etc..)
- Ligazóns a sitios web, este por exemplo: http://skoool.es/ Lembra abrir as ligazóns en xanela nova
Os arquivos Flash (*.swf) ou (*.html) líganse do mesmo xeito que os sitios web (paso 3)
- Liga algún arquivo Flash (*.swf) abríndoo nunha xanela nova. Podes usar este para practicar: http://www.educa.jcyl.es/educacyl/cm/gallery/Recursos%20Infinity/juegos_jcyl/cuerpo_uri/aparatourinario_plus.swf
- Liga algún recurso con enderezo (URL) propio arquivo HTML (*.html) abríndoo nunha xanela nova. Podes usar este para practicar: http://agrega.juntadeandalucia.es/repositorio/06042010/fc/es-an_2010040613_9121236/cm04_oa01_es/index.html
- Inserta un audio na páxina, empregando a icona Multimedia:

- Liga un arquivo dentro dunha páxina, que pode ser de texto editable (*.odtx ou *.odt) ou un PDF, ou unha imaxe... pode ligarse multitude de tipos de arquivos. Convén, eso sí, abrilos en xanelas novas porque se se abre na mesma xanela que a do curso e a pechamos, teremos que volver a entrar na aula virtual outra vez

- Texto, emprega as iconas de edición de texto (nos recadros da imaxe anterior)
- Listo!!!