CP 5.3 - Garda copias de seguridade dos cursos
Persoas administradoras do Moodle do centro (Manager do sitio):
De cando en vez convén realizar unha copia de seguridade da aula virtual CON usuarios aínda que é raro que Moodle falle, pero... por si acaso. Feita a copia de seguridade gárdaa por si fora necesario restaurala. Esta copia CON usuarios garda todas as intervencións en foros, traballos entregados, probas tipo test feitas etc...
Ao rematar o curso escolar, non é necesario eliminar a/s aula/s virtual/is, é suficiente con agachalas se se queren ocultar aos seus usuarios (moi recomendable para que non se pasen os traballos xa feitos dunha promoción á outra), e dese xeito teremos un histórico dos cursos escolares anteriores.
As copias de seguridade feitas con rol Manager poden facerse CON ou SEN usuarios, segundo se indique ao facela. Se se fai con rol Teacher non é posible facela CON usuarios.
Profesorado co rol Teacher nas súas categorías:
Unha vez rematado un curso escolar e para preparar unha copia da aula virtual para o novo curso escolar faremos unha copia de seguridade (facéndoa co rol Teacher vai SEN usuarios) que restauraremos cambiándolle o ano e chaves de matrícula nos grupos. Conservaranse todos os recursos e actividades pero SEN os datos, intervencións, entregas, etc... dos estudantes ou usuarios, quedando preparada para recibir aos novos estudantes ou usuarios do novo curso escolar.
Profesorado co rol Manager nas súas categorías:
Ademais de ter os permisos do rol Teacher e Course creator poderá facer copias de seguridade CON usuarios dos cursos das categorías nas que teña rol de Manager.
Pasos para facer unha copia de seguridade dun curso ou aula virtual:
- Entra no curso do que vaias a facer a copia de seguirdade
- Vai a Administración do curso > Copia de seguranza.
- Na nova xanela, desmarca os elementos que non queras incluír na copia de seguridade.
- Preme en "Seguinte"
- Na nova xanela, Edita o "Nome de ficheiro" que Moodle pon por defecto para identificar mellor a copia (ao final do nome aparecen a data e hora en que se fai a copia, por exemplo: 23112019-1204.
- Preme en "Facer a copia de seguranza"
- Na nova xanela, despois de facerse a copia, preme "Continuar"
- Na nova xanela, baixa a copia de seguridade.
- Garda a copia de seguridade noutro ordenador, nunha memoria USB, DVD, na nube...