Dúbidas tema 1

Exercicio 9 boletín preguntas para o 2º exame.

Re: Exercicio 9 boletín preguntas para o 2º exame.

de Usuario eliminado -
Número de respuestas: 0

Ola, Mireia.

Esa é a pregunta máis difícil do boletín. A miña intención é que cada un de vós reflexione sobre ela, para logo discutila o mércores en clase. No apartado polo que preguntas, refírome ás formas da lírica trovadoresca nas que se emprega o mesmo código de letras maíusculas e minúsculas. Fixádevos especialmente nas nas formas fixas do apartado 4 (tipo rondel) e buscade similitudes e diferencias, tendo en conta o que representa cada letra. Lembrade que as letras maíusculas queren dicir que se repite texto e música, e as minúsculas que se repite música pero non texto. Vede se hai retrouso (estribillo) ou non, cal é a estructura da estrofa, e unha vez teñades iso claro, comparádeo coas estructuras das formas que aparecen no apartado que vos indiquei, vendo de cal (ou cales) podería ser unha variante.

Espero que estas aclaracións sexan dabondo para abordar o exercicio. De non ser así, por favor, comunicádemo.

A día de hoxe todo indica que o mércores poderei dar clase con normalidade. No caso contrario, escribirei a resposta completa no foro.

Saúdos.