CP 5.4 - Restaura copias de seguridade dos cursos
Requisitos do completado
Pódese restaurar un curso a partir dunha copia de seguridade previamente feita seguindo estes...
Pasos para restaurar unha copia de seguridade dun curso ou aula virtual:
Para restaurar unha copia de seguridade o perfil mínimo necesario é Course creator ou superior na categoría na que se vaia restaurar o curso.
- Localiza o arquivo da copia de seguridade do curso que queres restaurar.
- Na aula virtual do centro, entra na categoría (ou cartafol) onde queiras restaurar o curso.
- Crea un curso novo, non é necesario configurar nada.
- Entra no novo curso.
- Desprega o bloque Administración (se estivera contraído)
- Preme en Restaurar para subir e restaurar o Modelo de curso baleiro
- Escolle o ficheiro da copia de seguridade ou arrástrao á zona de subida de arquivos (paso 3º na imaxe):

- Preme en Restaurar
- Na nova xanela preme en Continuar (abaixo á dereita)
- Na nova xanela restaura desde a sección Restaurar neste curso: Eliminar o contido do curso actual... > Continuar

- Preme en Seguinte (abaixo á dereita) deixa as opcións seleccionadas.
- Preme en Seguinte outra vez (abaixo á dereita) Nesta xanela pode seleccionarse que elementos queremos restaurar. Deixa as opcións seleccionadas.
- Preme en Executar a restauración (abaixo á dereita) e restaurarse o Modelo.
- Preme en Continuar e amosarase o curso xa restaurado.