CP 3.2 - Transmite as instrucións dunha tarefa sen entregas na aula virtual
Pód
ese empregar a aula virtual para transmitir ao alumnado as instrucións para realizar unha tarefa calquera, sen ter que entregar o produto desa tarefa na aula virtual. Tamén se lles pode transmitir aqueles recursos dixitais que poideran precisar para desenvolver a tarefa: Ligazóns a internet, documentos en PDF, arquivos de texto editables (.odt, .docx, ...), vídeos, recursos multimedia de LIM, Ardora, eXeLearning, Geogebra, Descartes, Slideshare, Prezi, Constructor, Educaplay... ou calquera outro que sexa dixital.
Neste tipo de tarefas sen entrega NON é necesario que o alumnado estea matriculado na aula virtual: un convidado (usuario sen rexistrar) pode VER as instrucións, aínda que non poda realizar ningún tipo de interacción como facer consultas nun foro, facer entregas etc...
Informarse e aprender
-
Manual de Moodle 2.6 para el profesor, páxinas 158 e seguintes
Pasos:
- Entra no teu curso de prácticas.
- Crea unha actividade "Tarefa".
- Configúraa:
- Nome da tarefa ou título co que aparecerá na aula virtual
- Descrición, coas instrucións para realizar a tarefa proporcionándolle todos os recursos e materiais dixitais necesarios para realizala.


- Se o alumnado está matriculado e non queres que fagan ningún tipo de entrega, desactiva os checks de "Tipo de entrega".
- Garda as modificacións.
- Traslada a tarefa a sección do tema que proceda.
Listo!!!