Section outline
-

Actualización de ferramentas tecnolóxicas para docentes
-
Será preciso partir dunha análise das necesidades formativas do profesorado participante e determinar en que aspectos centrar a formación, dentro dos principais establecidos para esta formación:
- Videoconferencias con Webex: aspectos técnicos e pautas de uso.
- Manexo da aula virtual (Moodle): actividades e/ou recursos básicos que poden empregar, foros e outras ferramentas de comunicación, creación e corrección de tarefas, forma de presentar os contidos teóricos...
Esta análise poderase facer a través de enquisas ou cuestionarios, posta en común nun foro, ou a través dunha sesión de videoconferencia.
- No que ten que ver coa busca e aproveitamento de contidos presentarase o repositorio de contidos do Espazo Abalar: https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/es/espazos/recursos
- Indicar a disponibilidade na plataforma Platega da sección "Formación aberta" que inclúe cursos de diferentes temáticas para facilitar a creación de contidos, a xestión de espazos e outras.
- Información xeral sobre Platega e instrucións para o acceso: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/9900
- Formación aberta Platega: https://www.edu.xunta.gal/platega/course/index.php?categoryid=98
-

Esta plataforma de videconferencia permite aos/ás docentes interactuar en tempo real co seu alumnado a través de son e imaxe, compartindo contidos, facendo cuestionarios e exercicos en tempo real e de xeito colaborativo, etc.
-
ACCESO Ó SERVIZO
-
-
Neste bloque traballarase na creación e manexo de cursos na aula virtual con Moodle.
No apartado Información recolleranse os recursos informativos máis axeitados para as necesidades formativas do profesorado participante.
No apartado Traballar e avaliar poderase facer a proposta de tarefas ou prácticas concretas a desenvolver, a ser posible, a través do traballo en cursos propios ou cursos de prácticas.
-
Este módulo poderase configurar para traballar outros aspectos, como a busca de recursos e contidos, ferramentas de creación e edición, etc.
Recoméndase visitar o Espazo de recursos e orientacións para o ensino a distancia para obter información sobre estes contidos.
-

A continuación preséntanse unha serie de prácticas ou casos prácticos (CP) secuenciados en tres niveis, en función do nivel de coñecementos das persoas participantes e do uso que se queira facer da aula virtual (con alumnado rexistrado ou non)
1. Nivel básico: Uso da aula virtual co alumnado sen rexistrar (acceso como convidados)
- Navega pola aula virtual [CP 1.1)
- Crea e configura un curso virtual para complementar o ensino presencial. (CP 1.2 nivel básico)
- Comparte ligazóns a sitios web (CP 1.4 e 2.2)
- Comparte arquivos (CP 2.3 e 2.4)
- Configura instrumentos de avaliación: Tarefa SEN entregas na aula virtual (CP 3.2)
- Garda / restaura copias de seguridade do curso virtual. (CP 5.3 e 5.4)
2. Nivel inicial: Uso da aula virtual co alumnado rexistrado
- Configura automatrícula do alumnado na aula virtual (CP 1.2 Nivel incial)
- Empaqueta recursos ducativos dixitais como texto, imaxes, vídeo, arquivos, ligazóns web, multimedias etc... en Etiquetas, Páxinas, Libros. (CP 2.5 e 2.6)
- Insire ou embebe recursos multimedia. (CP 2.7)
- Configura actividades "Escolla" e "Comentarios" para realizar consultas e enquisas (CP 4.1, 4.2
- Configura actividades na aula virtual: Entregar / recoller tarefas e Foros (CP 4.4
- Configura instrumentos de avaliación: Tarefa, Proba, Taller (CP 4.3, 4.4, 4.5)
3. Nivel avanzado: Administración do sitio
- Configura a páxina principal da aula virtual: Categorías e subcategorías, listaxe dos cursos, permisos dos usuarios... (CP 5.1)
- Xestiona usuarios: rexistro do profesorado e do alumnado na aula virtual (CP 5.2)
Tamén se fai unha proposta de TAREFA xeral ao final de cada apartado.
(Módulo adaptado da actividade de formación en centros
Aulas virtuais para o ensino presencial)
-
10.9 MB
-
692.3 KB
-

Actualización de ferramentas tecnolóxicas para docentes (modelo)
CAFIpublicado baixo unha licenza de Creative Commons Atribución - Non comercial - Compartir Igual 4.0 Internacional.
Informarse e aprender
Informarse e aprender
Informarse e aprender



